Saltar al contenido principal
Besta Do Seu Sangue

Besta Do Seu Sangue

Pedreira, Emma

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa q...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2018
ISBN:
978-84-9121-448-9
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
17,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero.
Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Otros libros del autor

Inventaria Poesia Reunida 1999-2009. (Esp;Gal)

Inventaria Poesia Reunida 1999-2009. (Esp;Gal)

Pedreira, Emma

O uso dunha ironía claramente mordaz, a creación dunha linguaxe arrequentada e única, así como a innovación lírica son, sen dúbida, os trazos que mellor definen Inventaria. Poesía reunida 1999-2009. Edición bilingüe. Nesta recompilación da obra inicial de Emma Pedreira, a lectora atopará unha das voces máis fortes e feministas da literatura galega do último cuarto de século. A ...

24,90 €

A Parte Dos Anxos

A Parte Dos Anxos

Pedreira, Emma

Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo, o arrepiante... en literatura, en beleza. ...

19,95 €

Os Corpos Invisibles

Os Corpos Invisibles

Pedreira, Emma

L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unh...

13,95 €

Otros clientes también compraron

Senlleiras (Ii Premio Illa Nova)

Senlleiras (Ii Premio Illa Nova)

Yañez Rodriguez, Antia

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as es...

24,00 €

Cartos

Cartos

Victoria Benedictsson

16,50 €