ASKJA

ASKJA

FRAGA, MANUEL A.

17,50 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2025
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1110-695-5
Páginas:
280
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
17,50 €
IVA incluido
En stock

Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén, todo cambia cando Karen, unha das hospedadas, decide compartir con Ana a existencia dun cuarto secreto ateigado de caixas de música. Desde ese momento orixínase entre elas un xogo de sedución a través da palabra e crean unha burbulla íntima na que trocan cinza por desexo, abafo por ilusión. «Askja» é unha novela impregnada de nostalxia e tenrura, unha historia de amor que demostra como as cicatrices sandan máis facilmente cando se comparten

Artículos relacionados

  • NÓS ESTAMOS BEN, NON ?
    VILAR LANDEIRA, RAMÓN
    Estas crónicas da sociedade que se nos vai das mans foron publicadas en La Voz de Carballo como material de valor e agora recobran nova vida en forma de libro. Adquieren outra dimensión e convértese en relatos intemporais. Solidificaron. O tempo deulles un pouso e un peso de profundidade literaria. Seguen sorprendendo por moito que se lean do dereito ou do revés. E son, sob...
    4-8 días
  • O NARIZ DE CIRANO E OUTROS NOBELOS
    IGLESIAS, BIEITO
    Neste libro de relatos, Bieito Iglesias fai un percorrido a medias nostálxico a medias irónico sobre varios dos grandes temas presentes de sempre na súa literatura: A pegada da doenza e mais da infancia, a lembranza dos seres queridos, o final do mundo tradicional... Gran variedade de personaxes e atmosferas onde conviven o sentido do humor e moita, moita música italiana. ...
    En stock

    18,00 €

  • O VENTO
    SCARBOROUGH, DOROTHY
    Tras quedar orfa e sen recursos aos dezaoito anos, Letty Mason ten que abandonar o seu cómodo fogar en Virxinia para se instalar no rancho do seu primo Beverly, o seu único parente, en Sweetwater (Texas). No tren de camiño á súa nova residencia, coñece a Wirt Roddy, un peculiar personaxe que lle desaconsella o lugar. Letty trata de enfrontarse a este cambio con optimismo,...
    En stock

    18,50 €

  • DETRÁS DA CANCELA
    MILLER, CHARLOTTE
    Un pasaxeiro é atopado morto nun tren e, inda que, a primeira vista, semella unha morte natural, pronto xurdirá a sospeita de asasinato. Entrementres, non moi lonxe de alí, na apracible viliña na que a vítima pasara as súas últimas horas, comeza a rexurdir un escuro segredo que leva máis de corenta anos soterrado. O inspector Jarek Doria terá que descubrir se ambos os ...
    En stock

    18,00 €

  • ENSAIOS SOBRE O EFEMERO
    VAQUEIRO, VITOR
    Os relatos que compoñen Ensaios sobre o efémero- título que abana entre a ironía e a veracidade- fican marcados pola concisión e o intento de síntese, estruturados en tres agrupamentos - Anais, Biografías, Relatorios- que percorren unha ampla singradura ao longo da Historia protagonizados por personaxes ficticios e reais de variadas culturas, dende a Antigüidade clásic...
    En stock

    18,00 €

  • AGORA QUE VEN A NOITE.(COSTA OESTE)
    CALVEIRO, MARCOS
    Zoe, tras un grave incidente, ten que comparecer ante a Fiscalía de Menores. A súa nai, desesperada, mentres o futuro da filla non se resolve, envíaa á aldea de Vilavedra a pasar o verán con Primitiva, a madriña, unha vella á que a moza nin estima nin coñece.Nesas xornadas estivais Zoe madurará e descubrirá devagar como asumir as consecuencias dos seus actos. Coñecer...
    En stock

    14,50 €