Saltar al contenido principal
Aquén Do Mar

Aquén Do Mar

Cantos de Serea Na Luz Da Fin Da Terra

Nerium, Alexandre (Coord.)

Aquén do mar, subtitulado Cantos de serea na luz da Fin da Terra, é o resultado de varios anos de traballos que Alexandre Nerium veu desenvolvendo para recoller e, nalgúns casos, verter ao galego a extensa produción de poemas que teñen Fisterra como motivo. O volume, que estes días chega ás librarías, aparece na colección Cova da lontra e reúne oitenta poemas de mulleres que es...

Editorial:
Chan Da Pólvora
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-126863-3-3
Colección:
Cova da lontra
17,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Aquén do mar, subtitulado Cantos de serea na luz da Fin da Terra, é o resultado de varios anos de traballos que Alexandre Nerium veu desenvolvendo para recoller e, nalgúns casos, verter ao galego a extensa produción de poemas que teñen Fisterra como motivo. O volume, que estes días chega ás librarías, aparece na colección Cova da lontra e reúne oitenta poemas de mulleres que escribieron sobre "a fin da terra", ademais de varias ilustracións realizadas co mesmo tema por distintas artistas, entre elas Gosia Trebacz (na imaxe a súa obra). Co volume, Chan da Pólvora avanza un outono no que quere converter de novo a poesía no centro das canles literarias galegas.

Ademais de ser un punto estratéxico para a humanidade Fisterra é o son dun sentimento, o final do Camiño de Santiago, a cuncha de vieira; o orto e o solpor, naufraxio, precipicio, a Polar dun mar descoñecido, o rumbo verdadeiro, un símbolo de igualdade e de diversidade, a voz e o silencio, a mística sonoridade da buguina, da luz o escintileo. Aquén do mar é un percorrido polas voces que chegaron a ese límite e, ao tempo, unha homenaxe á muller, a muller pesca, aquela do traballo silenciado, e a da muller da escrita, farol que dende sempre guía o mundo.

Os nomes de Fisterra, Finisterre, Finisterra, Land ´s End aparecen no imaxinario poético mundial en obras como The Canterbury Tales de Geoffrey Chaucer, Tales of a Wayside Inn de Henry W. Longfellow, The Colossus and Other Poems de Syvia Plath, La bufera e altro de Eugenio Montale ou Geografías de Mario Benedetti. Pero, sobre todo, aparece na obra de poetas como Xohana Torres, Luz Pozo Garza, Ursula Heinze, Ferrín, Manuel María, Arcadio López Casanova, Valente, Torneiro, Marilar, e moitas das grandes voces que esculcaron na vangarda. Alexandre Nerium escolma esas voces desde o parámetro da escrita feminina para construír unha antoloxía única, homenaxe á muller pesca, aquela do traballo silenciado; e a da muller literatura; farol que dende sempre guía o mundo. "Eu", asegura o antólogo e tamén poeta, "sentirme endebedado co útero celeste da utopía; co mar que me enxendrou no ventre das golfeiras; co ronsel que desangra a soidade. O tempo non existe neste ocaso. Abóndanos miralo".

En palabras do coordinador do volume, que inclúe contornas de Eva Veiga e Rosalía Fernández Rial, a experiencia foi "única e enriquecedora", sobre todo por "contar coa colaboración dun ronsel de voces femininas tan importantes e imprescindíbeis para a literatura como as que aparecen aquí. Tamén hai que salientar o traballo de poetas, prologuistas, colaboradoras e colaboradores, tradutoras e tradutores e mais oito ilustradoras que participaron desinteresadamente no proxecto". O volume non só é un ambicioso traballo de recompilación senón unha oportunidade única para coñecer as propostas de moitas autoras que aquí son, con frecuencia, pouco coñecidas e que por vez primeira se traducen ao galego.

Entre as poetas que toca a ampla selección de Nerium, figuran Xohana Torres, Sylvia Plath, Anne Carson, Mónica Góñez, Pilar Pallarés, Castillo Suárez, Lucí Echebarría, Luísa Villalba, Pilar Beiro, Chus Pato, Kathleen N. March, Marica Campo ou Margarita Ledo Andión.

Artículos relacionados

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €