AQUÉN DO MAR

AQUÉN DO MAR

CANTOS DE SEREA NA LUZ DA FIN DA TERRA

NERIUM, ALEXANDRE (COORD.)

17,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
CHAN DA PÓLVORA
Ano de edición:
2023
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-126863-3-3
Colección:
Cova da lontra

Aquén do mar, subtitulado Cantos de serea na luz da Fin da Terra, é o resultado de varios anos de traballos que Alexandre Nerium veu desenvolvendo para recoller e, nalgúns casos, verter ao galego a extensa produción de poemas que teñen Fisterra como motivo. O volume, que estes días chega ás librarías, aparece na colección Cova da lontra e reúne oitenta poemas de mulleres que escribieron sobre “a fin da terra”, ademais de varias ilustracións realizadas co mesmo tema por distintas artistas, entre elas Gosia Trebacz (na imaxe a súa obra). Co volume, Chan da Pólvora avanza un outono no que quere converter de novo a poesía no centro das canles literarias galegas.

Ademais de ser un punto estratéxico para a humanidade Fisterra é o son dun sentimento, o final do Camiño de Santiago, a cuncha de vieira; o orto e o solpor, naufraxio, precipicio, a Polar dun mar descoñecido, o rumbo verdadeiro, un símbolo de igualdade e de diversidade, a voz e o silencio, a mística sonoridade da buguina, da luz o escintileo. Aquén do mar é un percorrido polas voces que chegaron a ese límite e, ao tempo, unha homenaxe á muller, a muller pesca, aquela do traballo silenciado, e a da muller da escrita, farol que dende sempre guía o mundo.

Os nomes de Fisterra, Finisterre, Finisterra, Land ´s End aparecen no imaxinario poético mundial en obras como The Canterbury Tales de Geoffrey Chaucer, Tales of a Wayside Inn de Henry W. Longfellow, The Colossus and Other Poems de Syvia Plath, La bufera e altro de Eugenio Montale ou Geografías de Mario Benedetti. Pero, sobre todo, aparece na obra de poetas como Xohana Torres, Luz Pozo Garza, Ursula Heinze, Ferrín, Manuel María, Arcadio López Casanova, Valente, Torneiro, Marilar, e moitas das grandes voces que esculcaron na vangarda. Alexandre Nerium escolma esas voces desde o parámetro da escrita feminina para construír unha antoloxía única, homenaxe á muller pesca, aquela do traballo silenciado; e a da muller literatura; farol que dende sempre guía o mundo. “Eu”, asegura o antólogo e tamén poeta, “sentirme endebedado co útero celeste da utopía; co mar que me enxendrou no ventre das golfeiras; co ronsel que desangra a soidade. O tempo non existe neste ocaso. Abóndanos miralo”.

En palabras do coordinador do volume, que inclúe contornas de Eva Veiga e Rosalía Fernández Rial, a experiencia foi “única e enriquecedora”, sobre todo por “contar coa colaboración dun ronsel de voces femininas tan importantes e imprescindíbeis para a literatura como as que aparecen aquí. Tamén hai que salientar o traballo de poetas, prologuistas, colaboradoras e colaboradores, tradutoras e tradutores e mais oito ilustradoras que participaron desinteresadamente no proxecto”. O volume non só é un ambicioso traballo de recompilación senón unha oportunidade única para coñecer as propostas de moitas autoras que aquí son, con frecuencia, pouco coñecidas e que por vez primeira se traducen ao galego.

Entre as poetas que toca a ampla selección de Nerium, figuran Xohana Torres, Sylvia Plath, Anne Carson, Mónica Góñez, Pilar Pallarés, Castillo Suárez, Lucí Echebarría, Luísa Villalba, Pilar Beiro, Chus Pato, Kathleen N. March, Marica Campo ou Margarita Ledo Andión.

Artículos relacionados

  • XANA IRIARTE (AMALIA)
    JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ
    En stock

    13,00 €

  • CARTAS DE CONXO
    XURXO ALONSO
    Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor nos primeiros días da Guerra Civil. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo, en Compostela. A partir de aquí Xurxo Alonso tece unha historia, en verso, que podería ter acontecido en calquera lugar de Galcia. ...
    En stock

    16,50 €

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe ...
    En stock

    19,50 €

  • O ÚNICO E VERDADEIRO DEUS DAS COUSAS QUE ESTÁN FEITAS UN CRSITO
    L. PARÍS, SAMUEL
    En stock

    15,00 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocac...
    En stock

    12,95 €

  • MÉDICA DE GARDA
    BEGOÑA GRAÑA
    "As páxinas que seguen servirán para manter ó lector, coma o título Médica de Garda indica, en garda, presentes no recordo para non repetir tanto os erros coma os sentimentos dos sanitarios que estiveron preto dos doentes naquelas datas. Nestas páxinas están, a carón das angustias, as dúbidas, os medos, a frustración, o sufrimentos e a morte..., a beleza que só conse...
    En stock

    11,90 €