Saltar al contenido principal
A Volta Ao Mundo en 72 Dias

A Volta Ao Mundo en 72 Dias

Bly, Nelly

En 1888, a xornalista Nellie Bly propúxolle ao seu editor no New York World completar a volta ao mundo en 80 días para converter en realidade a fantasía de Jules Verne. Un ano despois comezaría a viaxe co obxectivo de finalizala en 75 xornadas. Cunha equipaxe o máis lixeira posible, a reporteira partiu nunha viaxe de máis de corenta mil quilómetros, na que mesmo se chegou a enc...

Editorial:
Rinoceronte Editora
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-19795-08-3
21,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

En 1888, a xornalista Nellie Bly propúxolle ao seu editor no New York World completar a volta ao mundo en 80 días para converter en realidade a fantasía de Jules Verne. Un ano despois comezaría a viaxe co obxectivo de finalizala en 75 xornadas. Cunha equipaxe o máis lixeira posible, a reporteira partiu nunha viaxe de máis de corenta mil quilómetros, na que mesmo se chegou a encontrar con Verne. Dos seus traslados en barco de vapor e ferrocarril deu conta grazas ás redes de cable submarinas e ao telégrafo, mentres o xornal organizaba unha aposta entre os lectores para tratar de acertar con exactitude a data e hora de regreso da viaxeira.

Artículos relacionados

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

A Identidade

A Identidade

Darriba, Manuel

Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das dinámicas de poder? «A identidade» son relatos de iniciación, de guerra, psicolóxicos ...

19,50 €

O Libro Dos Anatemas

O Libro Dos Anatemas

Eudoxia, Val

O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen. «O Libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreir...

19,00 €

A Cámara Das Marabillas

A Cámara Das Marabillas

Oruña, María

O crime perfecto tamén pode ser unha obra de arte. O novo misterio da raíña do thriller. Máis de 1.500.000 lectores. No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez. Amanda Mendoza, a an...

23,95 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €