Saltar al contenido principal
A Vida Secreta Das Vacas

A Vida Secreta Das Vacas

Young, Rosamund

Na granxa de KiteÆs Nest, en Worcestershire, todas as vacas vagan libremente. Todas teñen nome e caracteres marcados. Coma as persoas, as vacas aman, xogan, establecen vencellos e forman amizades para toda a vida, pasan o dó, gardan rancor, teñen preferencias e poden ser vaidosas. Rosamund Young relata neste libro as súas observacións á fronte da granxa familiar durante corenta...

Editorial:
Rinoceronte Editora
Año de edición:
2020
ISBN:
978-84-17388-40-9
Encuadernación:
Otros
18,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Na granxa de KiteÆs Nest, en Worcestershire, todas as vacas vagan libremente. Todas teñen nome e caracteres marcados. Coma as persoas, as vacas aman, xogan, establecen vencellos e forman amizades para toda a vida, pasan o dó, gardan rancor, teñen preferencias e poden ser vaidosas. Rosamund Young relata neste libro as súas observacións á fronte da granxa familiar durante corenta anos. Con humor e sabedoría, a autora desvela un mundo secreto dunha especie tan próxima coma descoñecida.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €