Saltar al contenido principal
A Romaría de Xelmírez

A Romaría de Xelmírez

Otero Pedrayo, Ramón

A romaría de Xelmírez pertence á serie de novelas historicas que Otero publicou entre 1930 e 1935. O bispo Xelmírez viaxa a Roma no 1104. Ao longo do camiño, Otero desprega as súas grandes dotes de historiador e xeógrafo para ofrecernos unha intelixente e fermosa panóramica da cultura, a política e a relixión da Europa de entón. Adentrarse nas páxinas desta novela acaba sendo u...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2009
ISBN:
978-84-7154-786-6
Páginas:
336
Encuadernación:
Otros
Colección:
Literaria
23,40 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A romaría de Xelmírez pertence á serie de novelas historicas que Otero publicou entre 1930 e 1935. O bispo Xelmírez viaxa a Roma no 1104. Ao longo do camiño, Otero desprega as súas grandes dotes de historiador e xeógrafo para ofrecernos unha intelixente e fermosa panóramica da cultura, a política e a relixión da Europa de entón. Adentrarse nas páxinas desta novela acaba sendo un reto que ha deixar ao lector gustosamente rendido ante a xenialidade dunha das mellores obras da literatura galega do século XX. A primeira edición apareceu en 1934 en Santiago, publicada pola Editorial Nós. A presente inclúe unha extensa introdución, un tratamento coidado do texto e abundantes notas co fin de facilitarlle ao lector o acceso ao fermoso mundo oteriano.

Índice

Introducción (p. 7) -- A ROMARÍA DE XELMÍREZ -- Capítulo I (p. 69) -- Capítulo II (p. 107) -- Capítulo III (p. 139) -- Capítulo IV (p. 167) -- Capítulo V (p. 191) -- Capítulo VI (p. 207) -- Capítulo VII (p. 251) -- Capítulo VIII (p. 283) -- Capítulo IX (p.309)

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €

Otros libros del autor

Obra Dramática Inédita en Castelán

Obra Dramática Inédita en Castelán

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Manuel F. Vieites achéganos tres textos dramáticos inéditos de Ramón Otero Pedrayo —Clara, Helena e La madreselva — escritos en castelán, onde, cando menos un deles, antecede o comezo da súa carreira literaria en lingua galega, cara a 1929, e supoñen o inicio da súa traxectoria como escritor. ...

18,50 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
A Miña Amizade con Castelao e Outros Escritos

A Miña Amizade con Castelao e Outros Escritos

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Estas páxinas, en edición de Patricia Arias Chachero, pretenden contextualizar a sólida amizade que uniu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a Ramón Otero Pedrayo a través dunha recompilación de escritos dispersos, onde o señor de Trasalba deixa ver a súa fonda admiración polo escritor, artista e político de Rianxo, que serve para enlazar o Ano Castelao 2025 co Ano Oteriano 2...

22,50 €
Historia Dun Neno

Historia Dun Neno

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

A Historia dun neno conta os primeiros anos de vida do escritor Ramón Otero Pedrayo, desde o seu nacemento ata o ingreso no instituto. Recolle simpáticas lembranzas dos amigos da infancia, da casa familiar de Ourense, das primeiras experiencias na escola e das visitas á aldea de Trasalba. ...

10,20 €
Os Camiños Da Vida

Os Camiños Da Vida

Otero Pedrayo, Ramón

Editorial Galaxia, S. a.

A historia dun século e a nostalxia dunha Galicia desaparecida; o pasado e o presente do país. Unha das obras máis representativas da narrativa de Otero Pedrayo é Os camiños da vida, onde, de par da historia de dúas familias fidalgas do século XIX, os Doncos e os Puga, retrátasenos de forma nostálxica a fin dun tempo e dunha sociedade co desartellamento da fidalguía rural como ...

25,30 €
Entre a Vendima e a Castañeira

Entre a Vendima e a Castañeira

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

CONTOSEn 1957 Ramón Otero Pedrayo deu ao prelo vinte relatos que sitúa entre o tempo da vendima e a castañeira, seleccionados no seu momento a partir dun considerable conxunto de textos inéditos, onde predominan, como liñas temáticas xerais, o reflexo dun mundo en crise en que se está a dar unha profunda transformación do sistema de valores e da orde tradicional, e a narración ...

18,15 €