Saltar al contenido principal
A Realidade

A Realidade

Darriba, Manuel

Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura. A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración c...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2021
ISBN:
978-84-9121-801-2
Páginas:
136
19,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura. A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras. Coa súa narrativa innovadora, Manuel Darriba compón en «A realidade» unha sinfonía en aparencia demencial, pero con todos os parágrafos medidos para que digan o que o autor quixo dicir.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Otros libros del autor

A Identidade

A Identidade

Darriba, Manuel

Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das dinámicas de poder? «A identidade» son relatos de iniciación, de guerra, psicolóxicos ...

19,50 €

Radiante

Radiante

Darriba, Manuel

19,00 €

Santa Morte

Santa Morte

Darriba, Manuel

A obsesión do límite (temporal, existencial, artístico) atravesa e condiciona toda a obra literaria do autor, na que a arte intenta cubrirse cun veo de misterio. Afortunadamente, ese misterio presupón e inclúe a posibilidade necesaria do desvelamento, da lectura, da interpretación. Nada é completamente enigmático porque a literatura é real, a poesía é unha cousa producida, unha...

14,70 €

Accidental

Accidental

Darriba, Manuel

A historia, cargada de ironía sutil e episodios sorprendentes, desenvólvese nunha vila onde a vida semella condicionada pola organización de voluntarios de Protección Civil e onde ao protagonista todo lle parece inexplicable e mesmo absurdo. Accidental explora as trampas e servidumes da identidade, a aceptación do poder, a submisión e a súa expresión na degradación da memoria c...

14,05 €

Calor

Calor

Darriba, Manuel

6,00 €