Saltar al contenido principal
A Raíña Das Velutinas

A Raíña Das Velutinas

Rexes, Lionel

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpat...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2017
ISBN:
978-84-9121-268-3
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
19,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade.
Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de " A raíña das velutinas " "o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal".

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Otros libros del autor

As Donas Da Noite

As Donas Da Noite

Rexes, Lionel

Un grupo de estudentes abandona a cidade por uns días co obxectivo de artellar con calma a implantación dun sindicato no ámbito universitario, porén, a vida na casa familiar dun deles, situada nunha área rural totalmente allea ao seu modo de vida, obrigaraos a establecer contacto cun mundo que por veces lles resulta extravagante. Coincidindo coa chegada dos rapaces, un estraño ...

17,00 €

A Montaña Do Poeta

A Montaña Do Poeta

Rexes, Lionel

É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da...

18,50 €