Saltar al contenido principal
A Obra

A Obra

Sperani, Bruno

En liñas xerais, a produción de Bruno Sperani caracterízase por presentar certo pouso determinista e pola especial profundidade concedida ás mulleres, arrastradas polas leis do sangue e da sociedade e cuxo destino fatal deriva na servidume e a submisión. No caso de A obra (1894), coa que a autora acadou un enorme éxito, Luisina Terragni exemplifica un camiño dende a resignación...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Año de edición:
2017
ISBN:
978-84-946538-2-7
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
14,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

En liñas xerais, a produción de Bruno Sperani caracterízase por presentar certo pouso determinista e pola especial profundidade concedida ás mulleres, arrastradas polas leis do sangue e da sociedade e cuxo destino fatal deriva na servidume e a submisión. No caso de A obra (1894), coa que a autora acadou un enorme éxito, Luisina Terragni exemplifica un camiño dende a resignación, tras ser seducida e enganada e vivir unha chea de desgrazas, até a rebelión, unha vez que coñece o verdadeiro amor co obreiro Francesco Bitossi. A historia está ambientada en Milán, onde daquela tiña lugar unha febril actividade co fin de construír novas avenidas, barrios e modernas infraestruturas. Cun estilo incisivo e penetrante, o relato aborda a vida dos marxinados e desfavorecidos, aos que contrapón cos poderosos especuladores, mesquiños e hipócritas. Ao tempo, insírese na trama o xermolo das ideas socialistas entre a clase traballadora e as incipientes protestas sociais.

Determinadas pasaxes, coma as dos desaloxamentos ou as das indignas tretas dos patróns, resultan dunha actualidade a todas luces abraiante, e demostran que Bruno Sperani, nunca antes traducida ao galego, foi unha muller comprometida e atenta ao seu contorno.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €