Saltar al contenido principal
A Nena de Xeo

A Nena de Xeo

Sumai, Anxos

Ilustracións de Minia RegosNun recanto do gran Glaciar onde só se escoitan estalidos, murmurios de xeadas e o tenue ruído das fendas que se abren paso entre os montes brancos, nace Catarina, unha nena de xeo.A aparición inesperada dun agasallo fortuíto da natureza, en forma de froito, racha a rutina e presaxia un cambio inusitado na vida da protagonista. A imaxinación literaria...

Editorial:
Fundación Euseino?
Año de edición:
2026
ISBN:
978-84-127031-5-3
Páginas:
48
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Onocrótalo
19,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Ilustracións de Minia Regos

Nun recanto do gran Glaciar onde só se escoitan estalidos, murmurios de xeadas e o tenue ruído das fendas que se abren paso entre os montes brancos, nace Catarina, unha nena de xeo.

A aparición inesperada dun agasallo fortuíto da natureza, en forma de froito, racha a rutina e presaxia un cambio inusitado na vida da protagonista. A imaxinación literaria de Anxos Sumai unida ás asombrosas ilustracións de Minia Regos dan forma a este libro. Xuntas elaboran unha narración que esperta a curiosidade e convida a deterse para gorentar as súas páxinas.

Un álbum para mirar devagar, agardar a que se derreta nas mans... e deixar que rexurda na memoria.

O regreso de Anxos Sumai á literatura cunha obra nova. A autora de Anxos da garda, Así nacen as baleas (Premio Repsol e Premio San Clemente, 2007) e A lúa da colleita (Premio García Barros, 2013). Escritora senlleira e narradora dunha orixinalidade e estilo inesquecibles, vólvenos engaiolar cun mundo narrativo inimitable. Acompañada polas ilustracións de Minia Regos, ambas as dúas acaban por configurar un libro cheo de matices e suxestións sobre a infancia, o emprego literario da imaxinación e a súa pegada nunha narrativa que nos devolve a capacidade de mirar dun outro xeito a realidade.

Un equipo editorial coordinado por Beatriz Fraga traballou durante seis meses na preparación do orixinal escrito por Anxos Sumai e ilustrado por Minia Regos. O álbum A nena de xeo sae do prelo como mostra do traballo colaborativo realizado pola maquetadora Raquel da Riba e as persoas voluntarias do Programa de Edición e de Euseino? Social Uxía Felpeto, Laura Molinos, Clara Jorge Blanco e Yaiza López Vilas.

Logo da entrega do orixinal pola autora e do traballo de ilustración levado a cabo por Minia Regos, realizouse a lectura e a revisión combinada con varias propostas de posta en páxina, tanto tipográficas coma de deseño. A lectura editorial supervisouna Anxos Sumai, en constante relación co equipo de redacción e edición coordinado por Beatriz Fraga.

O obxectivo do proceso editorial, ademais de ter como finalidade a publicación do libro, implicaba a realización dun traballo colaborativo entre a autoría literaria e plástica e o equipo editorial que se encargou da corrección, revisión, maquetación e planificación da difusión de A nena de xeo, cun coidado especial posto en que edición, fabricación e difusión se adapten ás características estéticas da obra e sirvan a todas as persoas participantes como experiencia da simbiose entre a parte autorial e a editorial.

Artículos relacionados

Vuelve Mañana, Abuela

Vuelve Mañana, Abuela

Menéndez-Ponte, Mar¡A

Una celebración del amor incondicional entre los abuelos y sus nietos Qué diver es pasar tiempo con la abuela después de un duro día en la escuela. Cuando viene a verme, nos sumergimos en millones de aventuras, desde el océano hasta a la luna. Ojalá Beba no se vaya nunca... ¡Qué suerte que existan los abuelos! No sé qué haríamos los nietos sin ellos. Un tema clásico, abordado c...

9,90 €

Rosalíate

Rosalíate

Martínez Recamán, Uxía

Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal. Coñece o esencial da vida e da obra de Rosalía. Rosalíate! ...

15,50 €

Un Can e un Gato

Un Can e un Gato

Carbonell, Paula / Gómez, Chené

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, afástanse, bótanse de menos... e achéganse de novo.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, cambios de humor...Os cambios ...

15,90 €

Sobe, Sobe e Sobe

Sobe, Sobe e Sobe

Jadoul, Émile

Unha historia que une grandes e pequenos; un álbum ideal para compartir á hora de ir durmir. Tap; tap; tap! Primeiro chega o coelliño que sobe; sobe e sobe. Bam; bam; bam! Logo o pequeno crocodilo que sobe; sobe e sobe. Bum; bum; bum! Máis tarde o grande elefante; que sobe; sobe e sobe. Logo a ratiña e a ra; que quería facelo sen axuda. Todos soben; soben e soben pero... Onde i...

16,00 €

La Escuela del Sr. buho:la Busqueda del Tesoro

La Escuela del Sr. buho:la Busqueda del Tesoro

Braun, Seb

Acompaña a Ratón, Ardilla, Zorro y Conejo en una nueva aventura en la Escuela del Bosque del Sr. Búho. Esta vez, los pequeños exploradores deberán seguir pistas, interpretar señales y recorrer el bosque en busca de un misterioso tesoro escondido.A través de juegos al aire libre, mapas, símbolos y pequeñas actividades prácticas, los niños aprenderán a observar la naturaleza con ...

17,50 €

El Cangrejo que Vino a Cenar (La Ovejita que Vino a Cenar)

El Cangrejo que Vino a Cenar (La Ovejita que Vino a Cenar)

Smallman, Steve

¡Llega la aventura más veraniega de la saga superventas La ovejita que vino a cenar Estofado, Lobo y Tortilla se han ido a pasar unos días a una cabaña en la orilla del mar. La playa es genial y el mar es muy divertido, con sus olas que vienen y van. De repente, Estofado encuentra una pequeña piedrecita...que sale corriendo. ¡Es un cangrejo! Uno un poco raro, que al parecer cau...

14,96 €

Otros libros del autor

Así Nacen As Baleas

Así Nacen As Baleas

Sumai, Anxos

Así nacen as baleas conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente. ...

17,45 €