Saltar al contenido principal
A IDADE DA INOCENCIA

A IDADE DA INOCENCIA

WHARTUN, EDITH

A obra, coeditada por Sotelo Blanco Edicións e o Servizo Galego de Igualdade, forma parte da colección "As Letras das Mulleres" e o seu obxectivo é o de divulgar obras fundamentais de autoría feminina, tanto de ficción como ensaísticas, e fomentar o recoñecmento do labor intelectual co que as mulleres teñen contribuído á cultura universal ao longo da Historia. Edith Wharton (1...

Editorial:
SOTELO BLANCO, EDICIONS
Año de edición:
2009
ISBN:
978-84-7824-586-4
Páginas:
506
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
As Letras Das Mulleres
20,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A obra, coeditada por Sotelo Blanco Edicións e o Servizo Galego de Igualdade, forma parte da colección "As Letras das Mulleres" e o seu obxectivo é o de divulgar obras fundamentais de autoría feminina, tanto de ficción como ensaísticas, e fomentar o recoñecmento do labor intelectual co que as mulleres teñen contribuído á cultura universal ao longo da Historia.

Edith Wharton (1862-1937)
Foi unha muller que viviu a cabalo entre dous séuculos. No século XIX, as mulleres que pertencían á clase alta neoiorquina non recibían unha educación formal. Cómpre dicir que ter veleidades intelectuais estaba moi mal visto, pois podía supoñer que unha muller non atopase un bo marido. Edith Wharton triunfou no século XX, converteuse nunha muller empresaria de éxito e nunha heroína pola súa implicación na axuda aos refuxiados e ás vítimas da Primeira Guerra Mundial. Divorciouse e enfrontouse á súa familia e á sociedade para defender os seus dereitos e, malia todo, non quixo que a cualificasen como feminista. A idade da inocencia entra de cheo nesta sociedade na que naceu e que tan ben soubo retratar Wharton.

Artículos relacionados

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

V. VALIÑA, CARMEN

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que...

18,50 €

MAZARELOS

MAZARELOS

PORTAS, MANUEL

Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...

22,00 €

A CASA GRANDE

A CASA GRANDE

SENDÓN, OLAIA

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

17,95 €

O TEMPO VOA

O TEMPO VOA

JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ

E debo confesalo, aceptei o mandado sen discutir, pero actúo co rabo entre as pernas... Falei para min entre dentes: Xoán ou o entendes ou non o entendes (non o entendo). Dis algo?, pregunta a Sofía.Non, non. Nada, meniña. Ou si: Que estou conforme e contento, moi contento. ...

14,00 €

SUPERMERCADO CARMIÑA

SUPERMERCADO CARMIÑA

CELESTINO PÉREZ RECAREY

Carmiña veve en Casal do Río, unha poboación con moita vida, ou iso di ela moi fachendosa de ter nacido neste fermoso lugar. Casal do Río non é unha aldea, pero tampouco é unha vila; anda entremedias das dúas.Aos seus sesenta e seis anos, Carmiña segue traballando no supermercado que a súa nai creou hai xa varias décadas.Canto tiña dezaseis anos, Carmiña coñeceu a César na verb...

15,00 €

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

ALEIXANDRE, MARILAR

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

18,50 €