Saltar al contenido principal
A Guerra Do Tabaco

A Guerra Do Tabaco

Reigosa, Carlos G.

Don Orlando, o máis veterano dos contrabandistas galegos de tabaco, olla dende o seu castelo de Miraventos a ría que ten por máis fermosa do mundo. Un descoñecido quere arrebatarlle o control do negocio, e el non descansará ata descubrir quén é. Por isto decide tomar as medidas necesarias para afrontar a situación. O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde investig...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2005
ISBN:
978-84-9782-230-5
Páginas:
296
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
23,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Don Orlando, o máis veterano dos contrabandistas galegos de tabaco, olla dende o seu castelo de Miraventos a ría que ten por máis fermosa do mundo. Un descoñecido quere arrebatarlle o control do negocio, e el non descansará ata descubrir quén é. Por isto decide tomar as medidas necesarias para afrontar a situación.
O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde investigan uns accidentes de tráfico ocorridos na mesma zona e que parecen ser parte dun axuste de contas. Eles saben que detrás destes feitos agóchase unha realidade nova, intensa e complexa. ¿Quizáis unha guerra que ninguén coñece? ¿ Unha guerra clandestina, silandeira, sen nome? Neste proceso todos acabarán envoltos nun final inesperado e violento, vibrante.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Otros libros del autor

Pepa a Loba

Pepa a Loba

Reigosa, Carlos G.

Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixa...

20,50 €

A Vinganza Do Defunto

A Vinganza Do Defunto

Reigosa, Carlos G.

Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo -cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados- ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela acolle...

23,50 €

A Vitoria Do Perdedor

A Vitoria Do Perdedor

Reigosa, Carlos G.

Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade -en forma dunha represión que non cesa- axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado ...

21,50 €

Crime en Compostela

Crime en Compostela

Reigosa, Carlos G.

Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigado...

19,50 €

O Misterio Do Barco Perdido

O Misterio Do Barco Perdido

Reigosa, Carlos G.

Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara ...

20,95 €

Narcos

Narcos

Reigosa, Carlos G.

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco...

23,95 €