A DAMA SOLITARIA & FANTOMINA

A DAMA SOLITARIA & FANTOMINA

HAYWOOD, ELIZA

20,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
SOTELO BLANCO, EDICIONS
Año de edición:
2010
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-7824-601-4
Páginas:
242
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
As Letras Das Mulleres

A obra, coeditada por Sotelo Blanco Edicións e o Servizo Galego de Igualdade, forma parte da colección "As Letras das Mulleres" e o seu obxectivo é o de divulgar obras fundamentais de autoría feminina, tanto de ficción como ensaísticas, e fomentar o recoñecemento do labor intelectual co que as mulleres teñen contribuído á cultura universal ao longo da Historia. Esta obra conta con un prólogo de Jorge Figueroa Dorrego e tradución de Mª.Fe González.

Eliza Haywood. Foi unha escritora moi prolífica e popular na Gran Bretaña do século XVIII. Actriz, dramaturga, novelista, tradutora e editora de xornais, podemos afirmar que é difícil atopar algunha muller da época con máis actividade no mundo das letras. A dama solitaria e Fantomina son dous bos exemplos da narrativa que Haywood escribiu durante a década de 1720. A primeira é unha historia de sedución e abandono que reivindica o desexo feminino e apela á solidaridade entre mulleres. Fantomina é unha fantasía de liberdade feminina que xoga co carácter performativo das relacións interpersoais, presenta unha alternativa á literatura de sedución e abandono, e explora as complexidades do amor.

Artículos relacionados

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    En breve

    19,50 €

  • MAMÁ, SORRÍ SEMPRE
    ANA CELA NEIRA
    O contido nestas páxinas son pasaxes da historia persoal da xornalista Ana Cela. Experiencias propias para falar con propiedade da ansiedade e da depresión. Para iso, hai que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo, porque un no...
    En stock

    14,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €