A CIDADE DOS CÉSARES

A CIDADE DOS CÉSARES

F. FREIXANES, VÍCTOR

23,95 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2022
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9151-914-0
Páginas:
426
Encuadernación:
Rústica

Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa Señora do Carme de Patagones, na boca do río Negro. O conde de Floridablanca e os ministros de Carlos III deseñaron a ocupación para evitar que o inglés se establecese naquelas latitudes. Cen anos despois, en 1885, o piloto de Noia, Basilio Vilariño, evoca aquelas xornadas dialogando co gaiteiro, Chinto de Muras, mentres o exército arxentino entra na antiga aldea de colonos, despois de vencer na montaña a derradeira resistencia das tribos indíxenas. Diálogo entre defuntos, apenas sombras no medio do lamazal. A Cidade dos Césares gañou o Premio de Novela Torrente Ballester en 1992. Case trinta anos despois, o autor ofrécenola nesta edición corrixida e revisada.

Artículos relacionados

  • AO SUR DA LIBERDADE
    COSTAS, XOSÉ-HERNIQUE
    En stock

    19,00 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha ...
    En stock

    17,95 €

  • AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARIA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumad...
    En stock

    17,60 €

  • OS DO MAR
    PACO PAZ
    O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrend...
    En stock

    18,00 €

  • O SEÑOR H
    CID, ROSENDO
    En stock

    18,00 €

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

Otros libros del autor

  • O FRESCO. MEMORIAS DUN FUXIDO, 1936
    F. FREIXANES, VÍCTOR
    Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González «O Fresco» era un «señorito» desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daquele...
    En breve

    20,50 €

  • UNHA DUCIA DE GALEGOS
    F. FREIXANES, VÍCTOR
    En breve

    24,95 €

  • CABALO DE OUROS
    F. FREIXANES, VÍCTOR
    Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a vida. ...
    En breve

    22,80 €