Saltar al contenido principal

Búsqueda de LIBROS DEL AUTOR: agustin fernandez paz 26 resultados

Cartas de Inverno

Cartas de Inverno

Fernández Paz, Agustín

Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...

13,95 €

Trece Anos de Branca

Trece Anos de Branca

Fernández Paz, Agustín

Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

13,50 €

O Único que Queda é o Amor

O Único que Queda é o Amor

Fernández Paz, Agustín

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou d...

15,95 €

As Fronteiras Do Medo, de Agustín Fernández Paz

As Fronteiras Do Medo, de Agustín Fernández Paz

Fernández Paz, Agustín

As historias de terror teñen o efecto de remover nos seres humanos os medos atávicos que a civilización tenta ocultar baixo a aparencia da razón, a ciencia e o control. Mais todos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica, de realidades que fan abanear as nosas crenzas, por moito que pechemos os ollos e nos neguemos a admitilas. Nas páxinas deste libro, Agustín ...

13,50 €

Aire Negro

Aire Negro

Fernández Paz, Agustín

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

13,95 €

Contos por Palabras

Contos por Palabras

Fernández Paz, Agustín

Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul " conta a historia dunh...

10,50 €

Lúa Do Senegal

Lúa Do Senegal

Fernández Paz, Agustín

Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade...

10,50 €

Corredores de Sombra

Corredores de Sombra

Fernández Paz, Agustín

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o mist...

13,95 €

Noite de Voraces Sombras

Noite de Voraces Sombras

Fernández Paz, Agustín

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de ca...

13,95 €

Cuentos por Palabras

Cuentos por Palabras

Fernández Paz, Agustín

¿Dónde empieza la fantasía y dónde acaba la realidad En esta colección de relatos fantásticos, imaginados a partir de los anuncios por palabras de un periódico, desfilan personajes de lo más variopinto: desde una madre obsesionada con que su hija grabe un spot de televisión, hasta un Spiderman-limpiacristales, un vampiro en busca de empleo o un león con problemas de alopecia. ...

10,95 €

A Praia Da Esperanza

A Praia Da Esperanza

Fernández Paz, Agustín

Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial, co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían é que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. «A praia da esperanza» é unha narra...

12,95 €

A Cidade Dos Desexos

A Cidade Dos Desexos

Fernández Paz, Agustín

Un día, os nenos e nenas da cuadrilla baten cunha persoa enigmática, capaz de facer as cousas máis estrañas e fascinantes. Con esa persoa van emprender a aventura de cambiar por completo a cidade onde viven. E non vai ser unha tarefa doada. A primeira obra infantil publicada por Agustín Fernández Paz é un conto ecoloxista que nos lembra que é posible mellorar o mundo comezando ...

12,50 €

El Viaje de Gagarin

El Viaje de Gagarin

Fernández Paz, Agustín

El 12 de abril de 1961 el cosmonauta Yuri Gagarin, a bordo de la nave Vostok 1, se convierte en el primer ser humano en viajar fuera de la atmósfera. Comenzaba una década de grandes cambios sociales y políticos marcados por la Guerra Fría. Cincuenta años después, Miguel Mendiguren recuerda -mientres vela en un hospital los últimos días de vida de su madre, que ha perdido la mem...

18,00 €

O Meu Nome é Skywalker

O Meu Nome é Skywalker

Fernández Paz, Agustín

En fronte da casa de Raquel abriron un enorme supermercado. Aínda que unha marea de personas entra y sae constantemente, ninguén repara nun home que pide na porta, como se fose invisible para os adultos. Pero Raquel descobre o seu misterio: o su nombre é Skywalker, e vén doutro planeta nunha misión secreta que só ela pode compartir. ...

10,95 €

A Casa Do Medo

A Casa Do Medo

Fernandez Paz, Agustín

Atopar os obxectos do estoxo obrigoume a superar todas as barreiras que mantiñan represados os recordos. Os muros saltaron con violencia e, igual ca nun tsunami de lembranzas, volvéronme os feitos que esquecerá na adolescencia. Un tsunami de recordos, os mesmos que escribín durante as horas desta noite. Os que ninguén crería, se chegasen algún día a se divulgar. Só eu sei que f...

12,70 €

A Neve Interminable

A Neve Interminable

Fernández Paz, Agustín

Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. ...

13,95 €

O Centro Do Labirinto

O Centro Do Labirinto

Fernández Paz, Agustín

A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David. A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o de...

13,95 €

Agustín Fernández Paz. Na Casa Da Esperanza

22,00 €

A Viaxe de Gagarin

A Viaxe de Gagarin

Fernández Paz, Agustín

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela...

20,95 €

As Flores Radioactivas

As Flores Radioactivas

Fernández Paz, Agustín

Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada...

11,95 €

Non Hai Noite Tan Longa

Non Hai Noite Tan Longa

Fernández Paz, Agustín

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. E...

19,95 €

Lo Único que Queda Es el Amor

Lo Único que Queda Es el Amor

Fernández Paz, Agustín

Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... Todos los personajes han experimentado estar enamorados alguna vez en su vida. Han comprobado que el amor es un sentimiento poderosísimo, capaz de transformarnos por completo y hacernos ver la vida de otra forma. Pero también experimentan la amargura del desamor, o de la ausencia, o de los amores rotos. El amor con todas sus variantes: desde...

14,50 €

O Laboratorio Do Doutor Nogueira

O Laboratorio Do Doutor Nogueira

Fernández Paz, Agustín

O doutor Nogueira é un científico millonario que oculta a súa verdadeira identidade. Coma os superheroes que admira, vive entregado a unha nobre causa: loitar contra os problemas que impiden a felicidade do xénero humano. Desde o seu laboratorio secreto, idea orixinalísimos remedios para todo tipo de problemas; pero as súas delirantes propostas acaban producindo efectos non des...

10,50 €

Rapazas

Rapazas

Fernández Paz, Agustín

¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis...

13,95 €

No Corazón Do Bosque

No Corazón Do Bosque

Fernández Paz, Agustín

Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que...

9,95 €

Amor Dos Quince Anos, Marilyn

Amor Dos Quince Anos, Marilyn

Fernández Paz, Agustín

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vinte cinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de ''Amor dos quince anos, Marilyn''. Un ...

13,95 €