Saltar al contenido principal
Presentación de o_bidueiro
05/11/2026 19:00 Librería Trama

Presentación de o_bidueiro

proxecto editorial

O próximo xoves, 5 de novembro ás 19:00h, terá lugar na Librería Trama a presentación do proxecto editorial O bidueiro, na que participarán Eduardo Estévez, Sara Plaza e Baldo Ramos.

Sobre O bidueiro: 

o_bidueiro é un proxecto editorial que deseñei e boto a andar desde Outes con vistas á marea. Soñar, soñeino antes, levo toda a vida soñándoo, pero bota a andar aquí e agora.

Nace desde o impulso de dar ao prelo os libros que chegan ás miñas mans e activan ese mecanismo oculto que ninguén sabe explicar pero calquera pode entender.

Co tempo imaxino que iso irá transformándose nunha liña editorial definida. Ou igual non. De momento, o importante é ir andando: persistir no empeño de facer cousas bonitas e necesarias (que me parezan bonitas, que pense necesarias) a pesar de que o mundo arredor semelle empeñado en ruír.

Eduardo Estévez, no final do verán de 2022

O Bidueiro Ver todos

O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
As Crebas Da Memoria

As Crebas Da Memoria

Rodríguez Díaz, Olga

O Bidueiro

olga foi quen nos convenceu de iniciar esta colección e o nome da colección vai na súa homenaxe.Este libro é o froito dun fermoso traballo de recolleita de relatos tradicionais feito por Olga desde as aulas ás que lles dedicou a vida.Un conxunto vibrante de relatos que os alumnos rescataron da memoria dos seus pais e avós por diferentes recantos da comarca de Bergantiños.O libr...

15,00 €
Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €