Saltar contido
Presentación de o_bidueiro
05/11/2026 19:00 Librería Trama

Presentación de o_bidueiro

proxecto editorial

O próximo xoves, 5 de novembro ás 19:00h, terá lugar na Librería Trama a presentación do proxecto editorial O bidueiro, na que participarán Eduardo Estévez, Sara Plaza e Baldo Ramos.

Sobre O bidueiro: 

o_bidueiro é un proxecto editorial que deseñei e boto a andar desde Outes con vistas á marea. Soñar, soñeino antes, levo toda a vida soñándoo, pero bota a andar aquí e agora.

Nace desde o impulso de dar ao prelo os libros que chegan ás miñas mans e activan ese mecanismo oculto que ninguén sabe explicar pero calquera pode entender.

Co tempo imaxino que iso irá transformándose nunha liña editorial definida. Ou igual non. De momento, o importante é ir andando: persistir no empeño de facer cousas bonitas e necesarias (que me parezan bonitas, que pense necesarias) a pesar de que o mundo arredor semelle empeñado en ruír.

Eduardo Estévez, no final do verán de 2022