Saltar al contenido principal
A Veiga. Brazolinda

A Veiga. Brazolinda

A VEIGAEra un día de sol, mais as escasas nubes do ceo protexíannos por veces daquela calor. Decidimos saír de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico.Unhas horas despois de comezar a camiñar fixemos unha pausa á sombra dunha árbore, repoñendo forzas cunha empanada de millo e queixo afumado.Foi naquel mome...

Categoría:
Brazolinda
EAN:
9789203428248
Materia:
Xogos
30,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Descripción

A VEIGA

Era un día de sol, mais as escasas nubes do ceo protexíannos por veces daquela calor. Decidimos saír de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico.

Unhas horas despois de comezar a camiñar fixemos unha pausa á sombra dunha árbore, repoñendo forzas cunha empanada de millo e queixo afumado.

Foi naquel momento cando reparamos no lugar no que estabamos. Ó lonxe, a serra de Meira; máis preto, un terreo baixo, amplo e fértil ó carón do río: a veiga. Eu non sei que pasou, pero de repente sentimos que aquel era o noso lugar.

Con moito respecto cara o entorno, decidimos cultivar alí a nosa nova hortiña. Preparamos o terreo, regamos usando só a agua necesaria para que o río non secase; sementamos coidando aquelas primeiras follas para que non as comesen os ratos, caracois e lesmas; e logo agardamos.

Un día todo floreceu, madurou e patacas, grelos, tomates e cenouras estaban listos para seren apañados. A colleita non era moi grande, pero suficiente para a nosa familia.

Se algún día vides por aquí, e tedes as mans grandes, viranos ben a vosa axuda. Pero se tedes as mans pequerrechiñas non vos preocupedes, adaptaremos a partida, quero dicir, a colleita, para que poidades comprendela e disfrutala como os grandes.

Benvidos á Veiga de Brazolinda, nalgún lugar deste país ó pé do Pai Miño.

Artículos relacionados

A Cabana. Brazolinda

A Cabana. Brazolinda

Imaxinade que sodes un grupo de exploradores nun día desapracible perdidos nun mangleiro, co seu chan anegado e tódolos animais e perigos que alí hai. A noite vai chegando e cómpre facer unha cabana o máis rápido posible, pero que aguante enteira toda a noite...3 anos en diante, xa que conta con cartas de catro niveis de dificultade diferentes. ...

35,00 €

Verbolario Brazolinda

Verbolario Brazolinda

O xogo está baseado nun material empregado en terapias visuais para mellorar diversas cuestións relacionadas tanto coa vista como coa comprensión lectora e a concentración. Nós transformamos ese material nun xogo que traballa a apredizaxe de léxico, reforzo da lectura, percepción espacial, axilidade mental ...A partir de 6 anos ...

26,00 €

Peixes a Pares Brazolinda

Peixes a Pares Brazolinda

O mar anda revolto, os peixes están desorientados e precisan a vosa axuda para lograr xuntarse coa súa parella. Para iso temos que ser moi rápidos atopando os peixes iguais.A PARTIR DE 3 ANOS ...

30,00 €

Aracatanga Brazolinda

Aracatanga Brazolinda

Aracatanga!Humidade, calor, chuvia, mosquitos... todo parecía normal naquela excursión pola selva. De repente, o chan tremeu. O lendario volcán Aracatanga espertaba do seu sono e cumpría escapar antes de que fose demasiado tarde...Neste xogo, os participantes terán que operar cos dados e conseguir recursos pola selva adiante para sobrevivir, ademais de construír un barco que os...

36,00 €

O Gatipedro. Brazolinda

O Gatipedro. Brazolinda

Idade: a partir de 6 anosNúmero de xogadores: de 1 a 7Obxectivos educativos:Introdución á mitoloxía galega e á tradición oralTraballa o razoamento, a axilidade mental e a concentración ...

26,00 €

Gorilas!!! Escala Xogando

Gorilas!!! Escala Xogando

Desafía os teus amigos! Quen resistirá máis e será a líder da manda? Gorilas!!! é un xogo de cartas para xogar escalando. Consta de 80 cartas que representan máis de 20 accións diferentes. As instrucións están en galego, español e inglés. É un xogo tanto para crianzas como para adultos pensado para xogar e adestrar no muro de densidade do teu rocódromo. Gorilas ten diferentes m...

19,00 €