Saltar al contenido principal
Verlioka

Verlioka

Patacrúa / Magicomora

O terrible xigante Verlioka raptou as netas do labrego e quixo esmagarlle a muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha gansa mocha, un can palleirán e un burro rabudo; e, todos xuntos, foron darlle o seu merecido ao xigante. A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Pr...

Editorial:
Editora Oqo
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-9871-729-7
Páginas:
48
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
COLECCION O
15,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

O terrible xigante Verlioka raptou as netas do labrego e quixo esmagarlle a muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha gansa mocha, un can palleirán e un burro rabudo; e, todos xuntos, foron darlle o seu merecido ao xigante.
A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas;en concreto, esta versión toma prestados aspectos da tradición oral para crear a trama narrativa. Animais e humanos cooperan, enfróntanse ás adversidades, para, finalmente, obter a vitoria.
Noutras versións, as axudas proceden de elementos que aparecen no camiño do avó (corda, muíño de auga, forno, landra...), obxectos máxicos ligados á cultura do pobo ruso. Esta versión presenta unha estrutura singular: a colaboración chega dos animais, que aparecen humanizados (falan, axudan, dan consellos) e convértense en compañeiros inseparables, proporcionando tranquilidade, apoio e ata un desabafo para os temores dos máis pequenos lectores. Alén das forzas malévolas do xigante, existe un mundo hospitalario, o do home, quen, coa axuda dos seus astutos e enxeñosos amigos, triunfará de vez sobre o desalmado xigante. As ilustracións xogan co carácter hiperbólico dos personaxes e inciden na faceta humorística do conto. Cun universo de cores intensas, Sergio Mora idea un ambiente que evoca libros antigos e estampas de época, a través do craquelado da imaxe.

Artículos relacionados

Unha Casa a Medida

Unha Casa a Medida

Kulot, Daniela

"Esta é Xirafa. Xirafa é moi alta. Este é Crocodilo. Crocodilo é moi baixiño. Entre eles hai moita diferenza: máis de dous metros. Pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados..." Os protagonistas deste relato son unha atípica parella de namorados que vencen -a base de enxeño e dun chisco de humor- as dificultades que xorden para conviviren xuntos. Porque as trab...

16,50 €

Os Esqueletos Divertidos

Os Esqueletos Divertidos

Ahlberg, Allan / Senra, Óscar

?Os esqueletos divertidos? é unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can que saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándose uns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconst...

16,00 €

O Papón

O Papón

Albo, Pablo / Quarello, Mauricio A.c.

A avoa decide prepararlles ás súas tres netas unha sorpresa na bodega: pan con mel (esquecera que ese era precisamente o xantar preferido do Papón). As netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e O Papón é un dos comenenos máis populares en toda a xeografía do Estado español, e por este motivo presenta características diferentes s...

15,90 €

Estamos Aquí

Estamos Aquí

Jeffers, Oliver

Nu estro mundo puede ser un lugar desconcertante, especialmente si acabas de nacer. Cuando un bebé llega al mundo su cabeza esta llena de preguntas, que podremos ayudarle a contestar con ayuda de este nuevo álbum del bestseller internacional Oliver Jeffers. Este álbum nos invita a explorar qué hacer en nuestro planeta y cómo vivimos en él. UN LIBRO DEL SUPERVENTAS INTERNA...

16,50 €

Sirenas

Sirenas

Love, Jessica

A Julián le gustan tanto las sirenas... Se imagina convirtiéndose en una de ellas, nadando y jugando con los peces. Entonces, mientras su abuela se da un baño, él se las ingenia para disfrazarse de una hermosa sirena. Julián se coloca las hojas de una planta a modo de frondosa cabellera. Le añade unas flores. Se pinta los labios frente al espejo y, por último, con una cortina s...

14,00 €

Elmer

Elmer

Mckee, David

A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente! Cumpridos 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais. Co apoio dos...

15,00 €

Otros libros del autor

Loboferoz

Loboferoz

Patacrúa

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz...Conto popular ruso para primeiros lectores, con argumento claro, frases acumulativas, diálogos repetitivos e linguaxe áxil e sinxelo. Historia con humor que recrea un universo fabuloso onde a astu...

15,90 €

O Pito Cairo

O Pito Cairo

Patacrúa

Conto popular. Esta é a historia dun poliño que un día se atopou cunha bolsa chea de moedas de ouro. Levoulla ao rei; pero aquel rei era moi, moi mesquiño ...

14,00 €