Saltar al contenido principal
Unha Etapa Estelar e Conflitiva de Galiza ( a Segunda Metade Do Século Xiv)

Unha Etapa Estelar e Conflitiva de Galiza ( a Segunda Metade Do Século Xiv)

Tomo Ii un Reino con Clase Dirixente

Francisco Rodríguez

Tomo II: Un reino con clase dirixenteO reino galego , de grande peso en todas as ordes, estivo integrado nunha monarquía plurinacional de forma inestábel e conflitiva, desde 1230. Desde a perspectiva galega, das opcións e alternativas das súas clases dirixentes, como reino que foi epicentro dun dos bandos confrontados , o lexitimista ou catrista, fronte aos falsos Trastámara, a...

Editorial:
As-Pg
Año de edición:
2022
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-949659-8-2
Encuadernación:
Cartoné
35,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Tomo II: Un reino con clase dirixente

O reino galego , de grande peso en todas as ordes, estivo integrado nunha monarquía plurinacional de forma inestábel e conflitiva, desde 1230. Desde a perspectiva galega, das opcións e alternativas das súas clases dirixentes, como reino que foi epicentro dun dos bandos confrontados , o lexitimista ou catrista, fronte aos falsos Trastámara, analízase, neste Tomo II, unha conxuntura conflitiva, tamén estelar, o seu desenlace e as súas consecuencias, na segunda metade do século XIV. A análise histórica dá así pé a que se manifeste a coherencia que movía as nosas clases dirixentes nun intre tan delicado, a súa estratexia política e os seus obxectivos. Desta meneira, afóndase en cuestións como a saga dos Castro, en especial en Fernando Ruys de Castro, nesta conxutura crítica, lider indiscutíbel do movemento castrista contra os Trastámara; debúlllanse aspectos do seu programa como a reunificación con Portugal, a alianza cos burgueses e o importante papel das vilas e cidades na conformación progresiva da conciencia nacional galega. E, por susposto, préstase atención especial ao proceso de normalidade de usos, en substitución do latín, do idioma galego, clara defensa dun espazo de comunicación propio que manifesta un poder protector. O lector tamén ten oportunidade de comprobar como se reflectiu nas crónicas e na históriagrafía posterior esta etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza, cuxo desenlace tivo importante transcendencia para o país.
Este Tomo II é a visión dunha Galiza que entra nunha encrucillada crítica, conflitiva. O reino enfrontouna desde unha estratexia que mantiña os obxectivos que deran lugar ao momento de maior esplendor cos reis Fernando II e Afonso VIII, en defensa da capacidade de decisión do reino. Fíxoo cunha visión que aliaba o mellor da nosa tradición histórica coa asunción de mudanzas, económicas e sociais, que tiñan, na Galiza, manifestación avanzada. É por iso que a análise desta conxuntura crítica na segunda metade do século XIV, no contexto dunha guerra peninsular e europea, e as súas causas, resulta máis clarificadora e fundamentada se se coñece a historia galega dos séculos anteriores, o que pretendemos co Tomo I. Entón aparece, de forma prístina, unha coherencia interna na evolución do reino, unha serie de trazos que o caracterizan na súa especificidade e na súa relevancia.

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €

Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

Otros libros del autor

Unha Etapa Estelar e Conflitiva (Segunda Metade Do Século Xiv)

Unha Etapa Estelar e Conflitiva (Segunda Metade Do Século Xiv)

Francisco Rodríguez

Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el . É , en certa maneira , un traballo a favor da saúde mental colectiva da sociedade galega . Xurdiu da necesidade de colaborar a un c...

27,00 €