Saltar al contenido principal
Un Demócrata Fronte á Barbarie Fascista

Un Demócrata Fronte á Barbarie Fascista

Redondio Abal, Francisco Xavier

Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista,militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións ...

Editorial:
Laiovento, S. l.
Año de edición:
2026
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-8487-767-7
Páginas:
168
Encuadernación:
Bolsillo
17,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista,militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións da segunda. A guerra, con toda a súa crueza, esmagou vidas e proxectos e o réxime lexítimo da Segunda República só tiña unha resposta:resistir.

Peinador foi un home lonxe de apaixonamentos revolucionarios, non era un marxista. Cría nas leis, na tolerancia e no respecto. Tamén na igualdade e na solidaridade. Por iso, custa entender que un tribunal militar ditase a última pena contra el e outras 43 persoas nun célebre e irregular consello de guerra celebrado no Madrid da posguerra. A xustiza de Franco aplicada dende unha óptica vingativa, sen garantías xurídicas e cunha mensaxe carente de humanidade.

Artículos relacionados

En Man Común

En Man Común

Aa.vv.

En Galicia existen máis de 3.000 comunidades de montes veciñais en man común, que ocupan a cuarta parte do territorio galego, que logo se di. Trátase dun dos exemplos actuais dos bens comúns cun gran número de comunidades en activo e, no entanto, segue a ser algo pouco coñecido, especialmente no que respecta ás singularidades que o diferencian doutros casos de bens comunais. As...

18,00 €

Domingo Garcia Sabell a Voz e a Palabra

Domingo Garcia Sabell a Voz e a Palabra

Teresa Garcia-Sabell Tormo

A partir dunha serie de cadernos, escritos entre 1957 e 1980, aos que Domingo García-Sabell denominaba Xornal, complementados coas conversas que Siro López Lorenzo mantivo con el ao longo de 1993, neste libro trázanse as liñas que caracterizaron, unha personalidade de variadas facetas. Nestas páxinas maniféstase a voz e a palabra do eminente médico e destacado membro da xeració...

23,50 €

Cando Cheogou a Noite

Cando Cheogou a Noite

Seoane-Montenegro,Antón

Confrontados co irremediábel dunha morte anunciada, e alén da resignación pasiva, hoxe existen numerosos exemplos de que hai outras maneiras de transitar o último alento desde a lucidez e a dignidade, sen dar entrada á dor degradante nin á lenta agonía.A protagonista do relato quixo, por riba de todo, ser coherente coa percepción de finitude que habitaba corpo e mente. Asomada ...

14,96 €

Do Baile Da Gaita a Muñeira

Do Baile Da Gaita a Muñeira

Alonso, Julio

Julio Alonso ofrécenos un estudo da muiñeira, froito da súa tese de doutoramento, dentro do contexto global que propicia a súa conformación como elemento simbólico de carácter identitario, desde a aparición das primeiras fontes escritas ata a súa consolidación como xenuína representante da música galega. Neste pormenorizado traballo analízanse os mecanismos que levaron á consol...

27,40 €

Un Monte Todos os Montes

Un Monte Todos os Montes

Azul Mais Verde Coop. / Autoría Colectiva

Un monte todos os montes concíbese como unha "publica-acción" para o pensamento e a acción compartidos. Impulsada pola cooperativa cultural Azul mais Verde co apoio e o financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario. A través dunha escrita plural —que incorpo...

16,00 €

Fontenla Leal

Fontenla Leal

Lopez Fernandez, Jaime / Gomez Echemendia, Sixto

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia? débense, en boa m...

24,00 €