Saltar al contenido principal
Sonoridade Das Auras. Poesía Reunida

Sonoridade Das Auras. Poesía Reunida

García Barros, Manuel

Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñecemento do seu espazo poético, aínda que o verso foi anterior ao seu longo percorrer narrativo e periodístico. Na súa lírica, inédita ou espallada en xornais e revistas da época, descubrimos pezas moi rítmicas, con omnipresencia da natureza, un verdadeiro hilozoísmo, e cun...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-847-1
Páginas:
218
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LETRAS GALEGAS CLASICOS
19,10 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñecemento do seu espazo poético, aínda que o verso foi anterior ao seu longo percorrer narrativo e periodístico. Na súa lírica, inédita ou espallada en xornais e revistas da época, descubrimos pezas moi rítmicas, con omnipresencia da natureza, un verdadeiro hilozoísmo, e cunha variada galería de temáticas que van das composicións de circunstancias e festivas, ata as amorosas, sobre a morte, a identificación coa Terra e a loita pola dignidade dos labregos, sen esquecer o seu lado com- bativo contra o caciquismo e as diferenzas sociais. Unha recompilación que permite, a quen ao autor de Berres se queira achegar, ter unha visión de conxunto da súa obra poética. Un elo, máis que necesario, para que García Barros pase a ocupar o lugar reservado para a súa obra e a súa figura nas letras galegas.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €
Douche o que Non Teño

Douche o que Non Teño

Ferreiro, Mar

Medulia Editorial S. l.

: Alén disto, prégolles aos lectores e lectoras que se deteñan nestas páxinas con todo o cariño e admiración que merecen, que escoiten as palabras de Yeats no seu poema "Ofrenda": "E se eu tivese o pano brocado dos ceos, entretecido con luz de ouro e prata, o pano azul-escuro, tebr...

14,90 €
50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Alvarellos Editora

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Otros libros del autor

Enredos

Enredos

García Barros, Manuel

Editorial Galaxia, S. a.

Configura Enredos un conxunto de relatos dispersos que Manuel Garcia Barros recolleu ao longo do tempo ata conformar este volume, onde están presentes os trazos que definen a súa obra literaria: humor e retranca, progresismo ideolóxico e amor á terra, á lingua galega e ás xentes que a falan, e que en 1964 recibiu o premio "Os novos de Galicia", no concurso Nieto Pena, promovido...

16,45 €
Dos Meus Recordos

Dos Meus Recordos

Garcia Barros, Manuel

Editorial Galaxia, S. a.

Dos meus recordos é unha miscelanea autobiográfica onde Manuel García Barros conta,con humor, retranca, amenidade e, ás veces, certa amargura, "casos" e "cousas" que deixaron fonda pegada na súa memoria, desde o servizo militar en Vigo a finais do século XIX, ata a década de 1960, na súa Pousada de Callobre.Uns "apuntamentos" que fan repaso da súa azarosa vida, desde a suxeitiv...

18,40 €