Revista Mazarelos 14 Outubro 2024
Revista de Historia e Cultura
Aavv
Novo número e novos contidos! Marina Mosquera, directora do xacemento de Atapuerca, ábrenos as portas do IPHES para falar dos retos que afronta un centro de investigación arqueolóxica. Continúa Hayden White e a proposta da metahistoria e a historia como artefactos literarios. Retrocedemos á Idade Moderna para comprender os usos dos montes galegos e as disputas xurídicas sobre a...
Sinopsis
Novo número e novos contidos! Marina Mosquera, directora do xacemento de Atapuerca, ábrenos as portas do IPHES para falar dos retos que afronta un centro de investigación arqueolóxica. Continúa Hayden White e a proposta da metahistoria e a historia como artefactos literarios. Retrocedemos á Idade Moderna para comprender os usos dos montes galegos e as disputas xurídicas sobre a súa xestión. Falamos da conservación ou perda das cruces de madeira nas parroquias galegas, particularmente no concello lucense do Corgo. Tamén falamos da vida e obra de Philip West, un artista surrealista con moito por contar; e analizamos o papel xogado polas mulleres no movemento veciñal da transición. A conversa nesta ocasión foi con Irene e José Carlos, comisaria e asesor científico da mostra Unha vida viquinga', na que afondamos sobre a presenza no territorio galego e as formas de achegarnos a esta civilización dende a actualidade. A DAG fálanos do seu traballo e perspectivas de futuro, e pechamos o número cunhas recomendacións de novidades editoriais. A capa é de Andrea de Toba.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor