Saltar al contenido principal
Querida Morte Rachada

Querida Morte Rachada

Tekin, Latife

Querida morte rachada abriu en 1983 unha fenda luminosa na literatura turca. Con ela, Latife Tekin converteu o realismo máxico nunha lingua propia para narrar a ferida da emigración e a beleza teimuda da supervivencia. A familia Aktas, arrancada da súa aldea e empurrada ao arrabales de Estambul, avanza entre sombras e revelacións mentres Dirmit - a filla máis nova- transforma o...

Editorial:
Laiovento, S. l.
Año de edición:
2026
ISBN:
978-84-8487-769-1
Páginas:
246
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
COLECCION XERAL
19,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Querida morte rachada abriu en 1983 unha fenda luminosa na literatura turca. Con ela, Latife Tekin converteu o realismo máxico nunha lingua propia para narrar a ferida da emigración e a beleza teimuda da supervivencia. A familia Aktas, arrancada da súa aldea e empurrada ao arrabales de Estambul, avanza entre sombras e revelacións mentres Dirmit - a filla máis nova- transforma o mundo qeu a rodea nun tecido onde o real e o imposible se entrelazan sen costura. Nos seus ollos a pobreza convértese en mito, a cidade en criatura viva, e a memoria rural en canto que resiste a desaparecer. Os contos de fadas, as cancións populares e o folclore anatolio non son só ecos do pasado: son a materia coa que Dirmit ergue un territorio íntimo, un refuxio onde a dor se volve símbola e a esperanza, presaxio. Considerada unha das obras máis orixinais da narrativa turca contemporánea, Querida morte rachada é unha meditación sobre a identidade, a pertenza a resistencia íntima fronte ás mudanzas dun tempo que devora o antigo. Unha novela que respira como un soño antigo dentro dun mundo moderno: intensa, máxica, inesquecíbel.

Artículos relacionados

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

O Libro Dos Anatemas

O Libro Dos Anatemas

Eudoxia, Val

O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen. «O Libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreir...

19,00 €

Todos Aínda Aquí

Todos Aínda Aquí

Liadan Ní Chuinn

Os seis contos de Todos aínda aquí transcorren baixo a sombra da violencia política no norte de Irlanda e exploran as formas en que o pasado histórico continúa poboando o presente íntimo dos seus inesquecibles e singularísimos personaxes. O eco dos medos herdados, dos silencios familiares e das identidades en disputa resoa en cada unha das historias de Liadan Ní Chuinn, quen, c...

19,50 €

A Identidade

A Identidade

Darriba, Manuel

Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das dinámicas de poder? «A identidade» son relatos de iniciación, de guerra, psicolóxicos ...

19,50 €

A Cámara Das Marabillas

A Cámara Das Marabillas

Oruña, María

O crime perfecto tamén pode ser unha obra de arte. O novo misterio da raíña do thriller. Máis de 1.500.000 lectores. No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez. Amanda Mendoza, a an...

23,95 €

Os Fabuladores

Os Fabuladores

Carnero, José Ignacio

En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose en...

19,90 €