Saltar al contenido principal
Presente Continuo

Presente Continuo

Reimóndez, María

O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A tr...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2013
ISBN:
978-84-9914-538-9
Páginas:
48
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Edición Literaria - Poesía
14,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo.
Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A través dos ecos de gravacións, que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente. Presente continuo é esa gravación atopada no camiño por quen viviu e se detén a esculcar. Unha gravación que marca os dez anos daquela primeira viaxe á India en 1994, da relación cambiante e fluída con lugares que xa non definen ben os nomes coñecidos, con culturas, con persoas, con formas de vida que son xa parte do cotián, do ser afortunadamente descentrado. Novamente, o tempo xoga con nós e escoitamos esa gravación no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra, porque o tempo nunca se detén.
Presente continuo é a voz que tenta lembrar que o pasado só ten relevancia cando permite construír un presente diferente.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Nu 63

Nu 63

Vázquez Liste, José

Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde "Espirse no inverno é duro" e aínda así "Escribo en primeira persoa" dende o convencemento de que "Este é un xardín de augas excarceradas", un remanso de "Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes".Mais ese recendo de "Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa" acende a "Lava orgástica derretida no padal dos desexos" e...

13,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Sempre Lela

Sempre Lela

Piñeiro, Esther

Os poemas deste novo libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desencantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas sobre a Nosa Terra, a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...

12,00 €

Otros libros del autor

Retorno

Retorno

Reimóndez, María

Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisi...

19,50 €

¡Bárbaras!

¡Bárbaras!

Reimóndez, María

¿Un proceso corporal y cultural que afecta en algún momento de la vida a más de la mitad de la población humana no debería ser un tema fundamental de reflexión?Por increíble que parezca, hablar de la menstruación sigue siendo complicado.Con un enfoque desenfadado y con el objetivo de hacernos reflexionar, ¡Bárbaras! utiliza la menstruación como vía de acceso a una gran diversid...

16,90 €

Furia

Furia

Reimóndez, María

Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a a...

13,95 €

Multitudes

Multitudes

Reimóndez, María

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a...

19,50 €

Cobiza

Cobiza

Reimóndez, María

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda o...

20,50 €

A Semente, a Árbore, a Froita

A Semente, a Árbore, a Froita

Reimóndez, María

Ãë difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do " efecto Pontón " . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política Ãís súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre ...

20,50 €