Saltar al contenido principal
Papiroflexia Iniciación

Papiroflexia Iniciación

Palacios, Vicente

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura -preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear -evidentemente- do nada, pero si de case nada.Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do...

Editorial:
Baía Edicións
Año de edición:
2009
ISBN:
978-84-92630-08-0
Páginas:
60
Encuadernación:
Otros
4,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura -preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear -evidentemente- do nada, pero si de case nada.



Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario.



Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte "avanza" obxectivamente.



O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente.



A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade.



En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos.



O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir doutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras, tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando o máis necesario.



Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, para poder así depurar a súa propia forma de pregar.



Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu grao de dificultade, moi aptas para o principiante.

Artículos relacionados

Harry Potter y el Prisionero de Azkaban

Harry Potter y el Prisionero de Azkaban

Rowling, J. K.

El Señor de las Tinieblas está solo y sin amigos, abandonado por sus seguidores. Su vasallo ha estado encadenado doce años. Hoy, antes de la medianoche, ?el vasallo se liberará e irá a reunirse con su amo. Tras un percance mágico de proporciones gigantescas, Harry Potter huye de la casa de los Dursley y de Little Whinging en el autobús noctámbulo y supone que se enfrentará a d...

39,95 €

A Escola Dos Piratas

A Escola Dos Piratas

Fernández Paz, Agustín

De súpeto, escoitouse un ruído xordo. Un son grave, profundo e prolongado, que conseguiu impoñerse ao estrépito da chuvia... ...

11,95 €

Un Mundo de Aventuras

Un Mundo de Aventuras

Libri, De Agostini

¡Coge la mochila y sal a la aventura! En este libro te esperan divertidísimas y arriesgadas misiones... Te convertirás en un verdadero explorador descubriendo los animales del mundo y sus hábitats, los países, las constelaciones y los planetas... ¡y mucho más! Con más de 500 pegatinas. ...

5,95 €

De Viaje por el Mundo

De Viaje por el Mundo

Libri, De Agostini

¡Explora nuestro planeta, los océanos y los continentes! Aprende cuáles son los monumentos más importantes, los animales más curiosos y las banderas de todos los países. ¡Solo tienes que echar un vistazo a los mapas y pegar los más de 500 adhesivos de este divertidísimo álbum! ...

5,95 €

¡Todos a la Luna!

¡Todos a la Luna!

Libri, De Agostini

¡No te pierdas esta fantástica misión espacial! Los jóvenes astronautas, su mascota y su robot te invitan a explorar y conocer las maravillas del sistema solar y del universo. ¡Con más de 500 pegatinas! ...

5,95 €

El Superzorro

El Superzorro

Dahl, Roald

Un valle, tres granjas, tres malvados granjeros y un bosque... Y en él, don Zorro quien con astucia se enfrentará a los vicios y malas costumbres de los tres bribones más sinvergüenzas del valle: Bufón, Buñuelo y Benito. ...

11,95 €

Otros libros del autor

Papiroflexia. Animais de Papel

Papiroflexia. Animais de Papel

Palacios, Vicente

Todos podemos crear figuras sorprendentes. Hainas magníficas e de moi poucas pregaduras.As figuras estritamente xeométricas fascinan a miúdo pola súa perfección, pero poden resultar frías.Se deixamos voar a imaxinación, conseguiremos resultados de maior atractivo e personalidade.Neste libro temos ao noso alcance a posibilidade de recrear selectas novidades fáciles de reter na m...

4,00 €