PALMEIRAS, PIUEIROS

PALMEIRAS, PIUEIROS

ANXO ANGUEIRA

19,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
CHAN DA PÓLVORA
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-124731-0-0
Colección:
Cova da lontra

A palabra e a voz son un principio de pracer en Palmeiras, piueiros, o libro co que Anxo Angueira regresa á poesía tras quince anos de silencio. Porén, non se trata só dun regreso: estamos ante unha visión global sobre o autor que Chan da Pólvora publica no seu sesenta aniversario e no que o acompañan as esculcas reveladoras de Chus Pato e de Xabier Cordal. Este luns, sete de febreiro, preséntase en Braga, como apertura da oitava edición das Convergências Portugal-Galiza, nun acto que contará coa intervención de José Cândido de Oliveira Martins.


O sexto volume da colección Cova da lontra de Chan da Pólvora ten como protagonista a Anxo Angueira, un dos poetas máis singulares da denominada xeración dos oitenta e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro. O lanzamento do libro, decisivo xa na traxectoria de Angueira, terá lugar este luns, sete de febreiro, na apertura da oitava edición das Converxências Portugal-Galiza, que acollerá a cidade de Braga ata o día 27.

Angueira levaba quince anos sen publicar poesía ata a aparición deste libro inesperado, cun título onde conviven o que morre e o que renace, o vexetal e o pétreo, o exótico e o enxebre, o coñecido e o por descubrir. O libro, porén, non rompe só un silencio prolongado senón que ofrece unha perspectiva poética global do autor no seu sensenta aniversario. “Calquera fronteira que poidades imaxinar ou coñecer, calquera cicatriz que en falso fose cosida é rebentada pola forza desta escritura”, asegura Chus Pato respecto dos poemas de Angueira nas achegas das Contornas que pechan o volume, apartado que comparte coa reveladora entrevista de Xabier Cordal e a autopoética do propio poeta.

Palmeiras, piureiros nace dun feito determinante: a morte da palmeira de Manselle, que para el simbolizaba un emblema do seu lugar natal e, ao mesmo tempo, unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia contemporánea. Nese suceso, desencadeouse o impulso creativo e extendenuse en múltiples dirección, nun proceso desbordante que atinxe tanto á intensidade formal como á profundidade das emocións. Máis que nunca, neste libro de Angueira, a palabra e a voz son un principio de pracer.

Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961) constrúe desde finais dos anos oitenta unha das obras máis persoais da poesía galega. A súa proposta, enxertada na intensidade do avío popular e relanzada no ámbito axitador, deixou pegadas indelebles en libros como Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (1996), Libro da Vertixe (1997) e Fóra do sagrado (2007). Desde finais dos noventa, internouse no cúltivo da narrativa, onde conseguiu unha grande acollida, tanto da crítica como dos lectores. Pensa nao (1999) ou Iria (2012) son algúns dos seus títulos máis celebrados. De entre os ensaios e investigacións como profesor da Universidade de Vigo, cómpre destacar A espiral no espello (2009). Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro (2013), Rexurdimento: a palabra e a idea (2019) e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Foi membro fundador das Redes Escarlata (2001) e desde xuño de 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.

Artículos relacionados

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocac...
    En stock

    12,95 €

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a l...
    En stock

    11,60 €

  • DES A MAR
    ELBA PEDROSA
    Emocións intensas, reflexión e elegancia en fusión con notas musicais que viaxan nunha dimensión ultrasónica. ...
    En stock

    12,00 €

  • GACELA
    GENARO DA SILVA
    En stock

    15,00 €

  • TRÂNSITO
    ANTOM FORTES
    En stock

    15,00 €

  • SALÍFERO
    LUÍS LÓPEZ ALONSO
    En stock

    15,00 €

Otros clientes también compraron

  • PENSAR É ESCURO. POESIA REUNIDA (1991-2004)
    VILLALTA, LUISA
    Esta obra recopera os catro títulos que Luisa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995). Rpta ap omteropr dp pññp (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable. ...
    En stock

    21,80 €

  • BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS
    CAMPELLO, LUZ
    En breve

    13,95 €

  • CRÁTER
    NOVO, OLGA
    Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra; e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños organizando o comité da noite». Comparece aquí...
    En stock

    15,00 €

  • ASI FALA PENELOPE: UNHA ANTOLOXIA DE XENERO
    DACOSTA, MARTA (ED)
    En stock

    15,00 €

  • QUE HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
    REIXA, ANTÓN / AVENDAÑO, ALBERTO / ROMÓN, MANUEL M.
    En stock

    35,00 €