OS SANTOS NUNCA DORMEN

OS SANTOS NUNCA DORMEN

GONZÁLEZ COSTA, TERESA

20,95 €
IVA incluido
4-8 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2014
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9914-630-0
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA (XERAIS)

Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas.
Os santos nunca dormen actualiza mitos e lendas de noso coa intención de esculcar na procura da identidade e da descuberta real do pasado. Unha novela enraizada nun universo literario e bíblico moi rico, cheo de simbolismo, onde se reflexiona sobre o que é distinto e diferente, sobre os modos de exercer o poder ou sobre as dimensións da solidariedade e do amor.

Artículos relacionados

  • AO SUR DA LIBERDADE
    COSTAS, XOSÉ-HERNIQUE
    En stock

    19,00 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha ...
    En stock

    17,95 €

  • AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARIA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumad...
    En stock

    17,60 €

  • OS DO MAR
    PACO PAZ
    O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrend...
    En stock

    18,00 €

  • O SEÑOR H
    CID, ROSENDO
    En stock

    18,00 €

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

Otros libros del autor

  • A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Marti...
    En stock

    14,50 €

  • UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol. Non imaxina que está a piques de comezar unha viaxe emocionante ao lado de Virxilia, a nena de Vila Ambrosia. O mundo das abellas máxicas de Eiramae está en p...
    En breve

    12,50 €

  • A MEMORIA DOS PAXAROS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a soluci...
    En breve

    13,50 €