Saltar al contenido principal
Os Eidos. O Libro Do Courel

Os Eidos. O Libro Do Courel

Novoneyra, Uxío

Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á ter...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2010
ISBN:
978-84-9914-120-6
Páginas:
240
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Clásicos
19,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á terra e aos sentimentos de pertenza a esta. Un libro de fondo silencio, esencial, cósmico, universal, irrepetible.
A presente edición, preparada con motivo do "Ano Novoneyra 2010", recolle fielmente os contidos da edición Os Eidos. Libro do Courel, editada por Edicións Xerais de Galicia en 1981, e revisada ao longo das décadas de 1980 e 1990 polo autor.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Requiem

Requiem

Outeiro, Eugenio

Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o po...

13,50 €

Nakba

Nakba

Torrado Queiruga, Patricia

Nakba é un poemario de denuncia, un berro indignado contra o xenocidio dun pobo, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: «Pode un poema describir a barbarie?» «Canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?». Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: «Raizame» «Escombros» «Resistir coa palabra» e «Réquie...

16,90 €

Umbilical

Umbilical

Quintiá,Xerardo / Ramos,Baldo

Escribíndose desde a controversia e articulándose unha contra a outra, dúas voces flúen para desembocar finalmente nunha tensión creativa na que as palabras reconcilian as súas semánticas diverxentes e por veces enfrontadas, pero nas que tamén se convoca a arela de compartir e nomear o lugar para conseguir habitalo doutro xeito e darlle un sentido novo máis alá de calquera arti...

14,96 €

Trazo Dobre

Trazo Dobre

Sanchez Abeal, Patricia

O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...

14,30 €

Semente de Mencer. Obra Poética I. 1970-2006

Semente de Mencer. Obra Poética I. 1970-2006

Cabana, Darío Xohán

Reúne los quince libros publicados en vida del autor en una edición, estudio y notas a cargo de Anxo Angueira. ...

37,00 €

As Torres Abolidas

As Torres Abolidas

Miranda Ruiz, Xosé

Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible qu...

19,50 €

Otros libros del autor

Do Courel a Compostela

Do Courel a Compostela

Novoneyra, Uxío

Un dos libros fundamentais da obra poética de Novoneyra nunha nova edición, ilustrada con fotos e acompañada dun CD onde o autor recita moitos dos poemas do libro, entre eles "Vietnam canto" e "Letanía de Galicia". A forza telúrica das montañas do Courel, o vencello do poeta coa terra, o seu compromiso coa cultura galega e cos pobos do mundo na voz inesquecible de Novoneyra. ...

22,60 €

Tempo de Elexía

Tempo de Elexía

Novoneyra, Uxío

Libro+CD de uno de los poetas gallegos más destacados de todos los tiempos. Uxío Novoneyra alcanza, con Tempo de elexía (su segundo libro) el culmen de su creatividad e inspiración. Versos que, en palabras del autor, "buscan los estados límite del Hombre delante del Amor y la Muerte, la angustia y la distancia interior". ...

20,00 €

Muller Pra Lonxe

Muller Pra Lonxe

Novoneyra, Uxío

32,00 €

Gran Lugo de Nebra

Gran Lugo de Nebra

Novoneyra, Uxío

14,00 €