Saltar al contenido principal
O País Da Brétema

O País Da Brétema

Unha Viaxe Pola Cultura Celta

De Toro, Suso

Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiagochada e di...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2016
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-9121-067-2
Páginas:
352
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LibroX
17,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiagochada e dispersa durante séculos.
Lugh, Breogán, Cú Chulainn, Finn, deuses, semideuses e heroes. O pálido rei Artur, o que desapareceu no océano celta rumbo á illa de Avalon, segue seducindo os europeos máis soñadores.
N'O país da brétema recóntanse os latexos da alma celta desde a orixe, entre as brumas do mito e a lenda, ata o respirar das novas gaitas actuais.
O embruxo dunha cultura que atrae inevitablemente os habitantes dun tempo que quere mitos, e dunha cultura que desconfía da maxia e do misterio.
Desta obra xurdiu a necesidade de escribir un libro posterior, Morgún (Xerais, 2003).

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Otros libros del autor

Humildar

Humildar

De Toro, Suso

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcen...

7,50 €
Land Rover

Land Rover

De Toro, Suso

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai...

18,95 €
O Segredo de Joseph Haydn

O Segredo de Joseph Haydn

De Toro, Suso

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomía, a nosa lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimen...

14,50 €
A Sombra Cazadora

A Sombra Cazadora

De Toro, Suso

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...

13,95 €
Descubrindo Ana Pontón

Descubrindo Ana Pontón

De Toro, Suso

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do na...

13,50 €
Ambulancia

Ambulancia

De Toro, Suso

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se ...

14,50 €