Saltar al contenido principal
O Nacionalismo Galego Na Década Dos 70

O Nacionalismo Galego Na Década Dos 70

Suso Seixo / Uxío Breogán Diéguez

Cando decidimos desde a Fundación Moncho Reboiras (FMR) e a Confederación Intersindical Galega (GIG) editar este libro que tes nas mans, fixémolo co firme convencemento de que era necesario e obxectivo pór en valor o enorme traballo de teorización e outoorganización ao que deu lugar o nacionalismo galego desdse a segunda metade da década dos anos 60 do pasado século e que crist...

Editorial:
Fundación Moncho Reboiras
Año de edición:
2024
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-09-63405-7
Páginas:
229
Encuadernación:
Rústica
12,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Cando decidimos desde a Fundación Moncho Reboiras (FMR) e a Confederación Intersindical Galega (GIG) editar este libro que tes nas mans, fixémolo co firme convencemento de que era necesario e obxectivo pór en valor o enorme traballo de teorización e outoorganización ao que deu lugar o nacionalismo galego desdse a segunda metade da década dos anos 60 do pasado século e que cristalizou na década dos anos setenta, dando lugar a unha forte mobilización social. Un esforzo que sentou as bases do nacionalismo galego nas seguintes décadas, até a actualidade, en todos os ámbitos.

Así mesmo, impulsamos este volume para pór en valor e homenaxear as centos des persoas que co seu esforezo, sacrificio e entrega militante, individual e colectiva, fixeron posíbel o renacemento e a introdución social do nacionalismo galego como movemento social, ideolóxico e político, cunha dimensión inédita na nosa historia, enlazando co esforzo extraordinario e capacidade política do nacionalismo galego no primeiro terzo do século XX.

Artículos relacionados

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Unha Historia de nós

Unha Historia de nós

Diego Dios, Pablo

Editorial Galaxia, S. a.

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo...

19,50 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €