Saltar al contenido principal
O Gran Poema

O Gran Poema

Tino De Féliz / Bertolo, Constantino

Poucos libros hai tan asombrosos na literatura galega recente como O gran poema de Tino de Féliz, nome comunal co que foi coñecido Constantino Bértolo durante súa infancia e adolescenciacia en Navia de Suarna, a vila onde neceu en 1946. Décadas despois de abandonar Galicia e de desenvolver unha longa traxectoria como crítico e editor deaudacia esculcadora, Bértolo volve a mira...

Editorial:
Chan Da Pólvora
Año de edición:
2021
ISBN:
978-84-122221-0-4
Páginas:
67
Encuadernación:
Rústica
12,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Poucos libros hai tan asombrosos na literatura galega recente como O gran poema de Tino de Féliz, nome comunal co que foi coñecido Constantino Bértolo durante súa infancia e adolescenciacia en Navia de Suarna, a vila onde neceu en 1946. Décadas despois de abandonar Galicia e de desenvolver unha longa traxectoria como crítico e editor de
audacia esculcadora, Bértolo volve a mirada cara ao pasado e reencóntrase cunha paisaxe eterna (a da súa terra natal) e cunha experiencia de amor perdida, a dun idioma do que foi arrincado.
A primeira impresión que xurde ao abrir O gran poema de Tino de Féliz é que estamos ante un libro concibido como un monte ou como un río. Un libro que sae das tripas da terra para romper a pedra e abrir o aire. Ao abeiro de Tino de Féliz está Constantino Bértolo, o home que nas décadas mediadas entre o seu alcume infantil e este asombroso libro se converteu nun dos críticos e editores con máis prestixio de Europa.
No ano 2011, Constantino Bértolo asomouse uns minutos ao outro lado da morte e cando regresou tiña o corpo ateigado de saudades e nostalxias. Volveu a mirada cara ás súas orixes e reencontrouse con Tino de Féliz, o rapaz que el fora, e co galego engastado á lingua. Aí comeza a escribir O gran poema. A tectónica básica foi a terra movéndose baixo os seus pés e a sensación de amor extraviado, de formar ou querer formar parte do destino que o río Navia metaforiza como río que nos leva e río que nos trae. A necesidade de crear e salvar ese mundo e o tempo perdido. De volver ao ser, ese río Ser que aflúe ao Navia e o fai medrar. Habería que falar por tanto -asegura o autor- de tectónica e de canle, de erosión e de permanencia. El, como lector que contempla con reserva os versos do diálogo coas intimidades, sempre arelaba a poesía "escrita" en voz alta e, de súpeto, o corpo, a voz e a presenza da morte fixérono sentir claramente que o son desa voz alta só era posible en galego. O gran poema pode lerse como respiración dun resucitado ou como un epitafio, "a única forma aceptable de autoficción", ao seu xuízo. Estamos ante un libro portentoso, ante un acto de vontade política, de toma de partido, de recuperación do idioma como cerna comunal. Un gran poema como regreso e como inocencia, como forma laica do crer.

Tino de Féliz (nome comunal de Constantino Bértolo), naceu en Navia de Suarna en 1946. Aos nove anos marchou con a sua familia a Madrid onde estudou Filoloxía Hispánica. Durante anos exerceu como crítico literario en diversos medios de prensa. Foi director da editorial Debate entre 1991 e 2003, e da editorial Caballo de Troya desde o 2000 ata a súa xubilación no 2014. La cena de los notables, sobre lectura y crítica (2008), Lenin, el revolucionario que no sabía demasiado (2012) e Llamando a las puertas de la revolución. Textos de Karl Marx (2017) son algunhas das
súas últimas publicacións. Os seus primeiros poemas datan dos anos sesenta e algúns apareceron na lendaria Antología de la joven poesía española de 1966. Un deses poemas foi musicalizado por Agua Viva.
Tamén é autor dunha plaquette de poesía en castelán, En Resumen (2008). O gran poema é a súa primeira publicación en galego, lingua na que, confesa, está de regreso.
‘

Artículos relacionados

Nu 63

Nu 63

Vázquez Liste, José

Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde "Espirse no inverno é duro" e aínda así "Escribo en primeira persoa" dende o convencemento de que "Este é un xardín de augas excarceradas", un remanso de "Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes".Mais ese recendo de "Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa" acende a "Lava orgástica derretida no padal dos desexos" e...

13,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Sempre Lela

Sempre Lela

Piñeiro, Esther

Os poemas deste novo libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desencantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas sobre a Nosa Terra, a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...

12,00 €