Sarcástico, irónico, escéptico, pesimista, dono dun estilo propio que sempre intenta atrapar ao lector, a importancia da obra de Joan Fuster, radica na súa modernidade, na ruptura co peso que a tradición continuaba ter en xeral na cultura catalá, e na formulación dos problemas capitais da sociedade contemporánea. É un autor, dunha ampla obra, que constitúe unha das creacións intelectuais máis suxestivas non só da literatura catalá, senón do noso tempo.