Saltar al contenido principal
Mapa Da Estria

Mapa Da Estria

Nunes Brions, Andrea

En Mapa da estría, Nunes Brións vai máis alá na poesía de autoficción, nutríndose coas experiencias en distintos territorios do mundo, desde a China e a Guiné Bissau, a Vietnam, India, México ou Italia. A autora explora a relación entre a xeografía emocional e a cartografía experiencial. Dá conta das ausencias, as incertezas, a precariedade ou o desafío das múltiples linguas e ...

Editorial:
Chan Da Pólvora
Año de edición:
2025
ISBN:
978-84-129324-4-7
Encuadernación:
Otros
Colección:
RABO DE EGUA
17,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

En Mapa da estría, Nunes Brións vai máis alá na poesía de autoficción, nutríndose coas experiencias en distintos territorios do mundo, desde a China e a Guiné Bissau, a Vietnam, India, México ou Italia. A autora explora a relación entre a xeografía emocional e a cartografía experiencial. Dá conta das ausencias, as incertezas, a precariedade ou o desafío das múltiples linguas e culturas que sinalan as novas coordenadas onde o amor se diversifica como acto de resistencia.
"Ollemos a fenda que dá paso a estría que nos deixará a marca para sempre", asegura Nunes Brións e con esta frase define a trascedencia dun libro prodixioso, destinado a deixar en nós unha marca indeleble. Estamos ante unha das figuras esenciais da literatura que esculca nas identidades e, ao mesmo tempo, que se axita desafiante na creación de discursos para romper os parámetros do esperable.

Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) vinculou desde os seus comezos a actividade poética coa acción feminista. Corrente de esquecemento (2007) foi o seu primeiro libro (editado por Aturuxo, a Federación de Asociacións LGBTQ). En 2001 publicou Todas as mulleres que fun, onde constrúe un contradiscurso antipatriarcal inserido nunha rede de pensamento crítico. Xunto a María Rosendo, escribiu Diáspora do amor balea, premio de poesía erótica Illas Sisargas no 2017. Como ensaista partiocipou na obra colectiva Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e
histórias LGBTIQ na Galiza (2020) e coordinou, con Anxela Lema, os volumes Tecermos redes, crearmos comunidade, Estudos sobe a obra de María Reimondez (2020) e O cento voando. Amores, desexos e non monogamias (2024). O seu último libro é a antoloxía bilingüe galego-castelán Esta disidencia que habitamos.

Artículos relacionados

Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

Edicións Malafera

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €
50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Alvarellos Editora

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Otros clientes también compraron

Lixeiro

Lixeiro

Ramos, Ismael

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un...

13,50 €
Versos Escollidos

Versos Escollidos

Szymborska, Wislawa / Caeiro, Lucía

Edicións Positivas, S. l.

18,00 €