Manuel Curros Enríquez. Cartas a José Ojea (1904-1908)
Bilingüe Galego Castelán
Manuel Curros Enríquez
A descuberta de máis de 30 cartas manuscritas por Manuel Curros Enríquez e dirixidas ao seu amigo José Ojea, constitúen o derradeiro legado do gran vate de Celanova. Estas misivas inéditas foron enviadas entre xuño de 1904 e xaneiro de 1908, tres meses antes de morrer na Habana, o que nos permite coñecerd mellor o gran poeta do Rexurdimento no final da súa vida. Mais o valor...
Sinopsis
A descuberta de máis de 30 cartas manuscritas por Manuel Curros Enríquez e dirixidas ao seu amigo José Ojea, constitúen o derradeiro legado do gran vate de Celanova. Estas misivas inéditas foron enviadas entre xuño de 1904 e xaneiro de 1908, tres meses antes de morrer na Habana, o que nos permite coñecerd mellor o gran poeta do Rexurdimento no final da súa vida. Mais o valor do achado non está tanto no momento temporal como no contido, tal como asegura o profesor Alonso Montero, autor das páxinas inicias desta obra. O grande experto en Curros destaca a verdade que transpiran estas cartas dirixidas a un amigo de plena confianza que permitan albiscar >. O destinatario da correspondencia. José Ojea, foi boticario de Cortegada, escritor, político e un dos fundadoresda Real Academia Galega. Pero foi, sobre todo, un grande amigo de Curros, tal como demostra a sinceridade que desprenden estas cartas, cuxa lectura nos permite achegarnos ao autor, sen adozamentos nin reinterpretacións, nos postremeiros días da súa vida.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados