LÚA NOVA

LÚA NOVA

MONTERO, IRENE

16,50 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2022
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1110-112-7
Páginas:
96
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa.
Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada tropezo coa axuda imprescindible de quen a rodea. Mais chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas, do seu futuro... Os cambios sempre asustan, tamén a Lúa, que ata agora se atreveu con todo.
Cunha historia tenra e conmovedora, Irene Montero invita a reflexionar sobre a discapacidade e a relatividade do propio termo. En «Lúa Nova» proponse unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa.

Artículos relacionados

  • A PONTE SOBRE O DRINA
    ANDRIC, IVO
    En stock

    21,90 €

  • O CAMIÑO DO LUME
    ORUÑA, MARÍA
    Arthur Gordon, o pai do mozo de Valentina Redondo, atopa no castelo de Huntly, que acaba de comprar, nun cuarto secreto, unha pista sobre o paradoiro das memorias de Lord Byron, supostamente queimadas hai case douscentos anos, xusto cando a tenente está de vacacións en Escocia. A nova chama a atención da prensa, pero algo horrible vai complicalo todo. Ao tempo, viaxaremos a...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    20,90 €

  • ALÉN DA DESVENTURA (ILUSTRADO)
    ALCALÁ, XAVIER
    Alén da desventura, obra que gañou o Premio Blanco Amor en 1998, recolle os relatos dun mariño inglés, Isaac Moore, e dun misioneiro español, o padre Sineiro, e achéganos intrigas e aventuras por terras e mares ignotos na época da Ilustración, xentes e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais e debates aínda hoxe non resoltos. Unha trepidante...
    En stock

    23,00 €

  • MORTE NO ESPELLO
    FRAIZ, JAVIER
    Unha morte crea o conflito, outra resólveo. Hai vidas moi afastadas que se conectan nos seus finais. Un cadáver no lugar e na situación máis insospeitados. A demostración de que as aparencias, que constrúen os prexuízos, son falibles. O poder concibido como un exercicio de impunidade. A falsa moral, a dobre vida. O sexo, en ocasións, é só unha transacción que vincula...
    En stock

    20,75 €

  • CAROLINA
    FERNÁNDEZ CANAL, ALBERTO
    Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidad...
    En stock

    19,50 €

  • O TRADUTOR DE SOMBRAS
    FUENTES, MONCHA
    Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interio...
    En stock

    17,50 €