Saltar al contenido principal
Libre de Libro

Libre de Libro

O Leo

O Leo, unha das figuras xa lendarias da poesía galega, reaparece con descargas de rebeldía en ‘Libre de libro'.Logo de publicar hai cu ( 2007), O Leo seguíu aínda uns anos anotando pequenos poemas de tres versos, pero deixou por completo de escribir textos máis longos ou letras de cancións. Con todo, hai dous momentos nos que -como el confesa- entra en crise: durante o nadal e ...

Editorial:
Chan Da Pólvora
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-126863-1-9
Páginas:
69
Encuadernación:
Rústica
15,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

O Leo, unha das figuras xa lendarias da poesía galega, reaparece con descargas de rebeldía en ‘Libre de libro'.

Logo de publicar hai cu ( 2007), O Leo seguíu aínda uns anos anotando pequenos poemas de tres versos, pero deixou por completo de escribir textos máis longos ou letras de cancións. Con todo, hai dous momentos nos que -como el confesa- entra en crise: durante o nadal e no seu aniversario. Nesta última data, con puntualidade anual, ten unha noite de insomnio na que non sabe que facer co tempo, e esa noite tamén se acaba convertendo na única vez no ano en que escribe un poema para matalo.

Co tempo, foinos xuntando e escribindo algún outro nunha liña semellante. O resultado é Libre de libro, un volume que tivo varias encarnacións como froito de recoller e reordenar ou eliminar poemas. Da derradeira asolada, en xullo de 2021, cando fixo 47 anos, xorde esta versión, onde a memoria familiar é a gran protagonista, en especial a súa nai, da que aprendeu o espírito da revolta.

O Leo é o nome co que coñecemos a Leonardo Enrique Fernández Campos (Matamá, Bouzas, 1974). Chegou a Compostela na década dos 90 e debuta como actor con Matarile Teatro en 31 e Zeppellin núm. 7. Déixao para escribir e gravar Suspiros de kaña (1998), co que abre os concertos da xira galega de Veintegenarios de Albert Pla. Regresa con Factoría Teatro n'As presidentas e con Berrobambán en Vendetta. Licénciase en Filoloxía Hispánica e a seguir en Filoloxía Galega. Volve aos escenarios para tocar polo medio de concertos de KGBen e Puta Miseria. Co boom dos blogs e da Internet en xeral, saca a diante haicu.blogspot.com, que se converteu logo en hai cu (Xerais, 2007).

En 2010 participa na primeira webserie en galego, Non saímos do lixo. Forma parte de Labreg*s do Tempo dos Sputniks (Libremente, 2016) e Das Kapital (Ruído negro, 2011; Grecia, 2013; e Das Kapital, 2015). Con arremecaghona's produçións, saca outros tres álbums (como o leo i arremecághona: a neurona na patineta, 2012; e ostia, 2015. Como o'leo de matamá: sé [mente de vencer], 2019). Dende hai case dúas décadas traballa como profesor de Lingua Galega e Literatura. Este ano, ademais de publicar novo libro, marcha para a montaña.

Artículos relacionados

Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €