Joaquín Vaamonde Cornide
Un Pintor Galego con Éxito Internacional a Finais Do Século Xix
Ramos Rodríguez, Perfecto
Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediulle alcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante. Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o de Emilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía. Perfecto Ramos Rodríguez desvela a súa...
Sinopsis
Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediulle alcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante. Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o de Emilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía. Perfecto Ramos Rodríguez desvela a súa exitosa traxectoria en América, tanto en Buenos Aires coma no Paraguai, onde foi pintor de cámara da elite republicana e chegou a pintar a galería de presidentes no Palacio Nacional. Unha figura fundamental na historia das artes plásticas que brillou sobre o lenzo e tamén na ilustración de xornais, libros e revistas.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor