Imos Buscar un Tesouro
Janosch
-Tamén quero un casco de piloto, unha lámpada vermella para a cama e unhas botas de pel. -Encargaremos uns traxes elegantes e iremos a unha festa -dixo oso pequeno-. Un tango fino, tigre, iso sería... -Imos buscar un tesouro! -dixo tigre pequeno... "Moitas veces, as cousas non son como un pensa. Incluso son ao revés!", díxolles o vello moucho a oso pequeno e tigre pequeno cando...
Sinopsis
-Tamén quero un casco de piloto, unha lámpada vermella
para a cama e unhas botas de pel.
-Encargaremos uns traxes elegantes e iremos a unha festa
-dixo oso pequeno-. Un tango fino, tigre, iso sería...
-Imos buscar un tesouro! -dixo tigre pequeno...
"Moitas veces, as cousas non son como un pensa. Incluso
son ao revés!", díxolles o vello moucho a oso pequeno e tigre
pequeno cando se empeñaron en ir á procura da mellor cousa
do mundo. Cansaron de facer buratos na terra e de buscar
mesmo baixo a auga, por máis que alí só atoparon algas, peixes
e lixo. E cando por fin conseguiran os cartos que querían
para satisfacer todos os seus caprichos, volveron quedar
sen nada. Enganados e roubados, volveron á casa; ata entón
viviran moitas aventuras, tamén rifaran entre eles, e non só
coñeceran o vello moucho, senón tamén a toupa, o peixe do río,
o león dos pantalóns azuis, a pita tola e o burro Petronio.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroInformación de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Otros libros del autor