Honorata e a Casa Das Palabras Gardadas
Ánxela Gracián
"Este libro que agora tes nas mans naceu como unha homenaxe ao mundo dos gatos, animais que admiro infinitamente e dos que sempre procuro rodearme. Agora mesmo estou a alimentar unha gatiña xa moi anciá, con seis das súas sete vidas cumpridas, pero tamén cunha nova niñada de gatiños e gatiñas na barriga que pronto saltaricarán pola eira coa súa inxenuidade...
Sinopsis
"Este libro que agora tes nas mans naceu como unha homenaxe ao mundo dos gatos, animais que admiro infinitamente e dos que sempre procuro rodearme. Agora mesmo estou a alimentar unha gatiña xa moi anciá, con seis das súas sete vidas cumpridas, pero tamén cunha nova niñada de gatiños e gatiñas na barriga que pronto saltaricarán pola eira coa súa inxenuidade infantil. Veu do bosque e mírame con ese tenrura salvaxe e túzara de quen sabe que non pode confiar en ningún Ser Humano. Canda ela, achégase tamén de vez en cando outro gato vello, gordo, grandón e fero que se permite o luxo de comer o primeiro. Cando me mira, parece dicirme que é o amo do mundo e da noite. Tamén que nunca se someterá a nada nin a ninguén e que el só escoita a Vento, pois é un ser tan libre coma os gatos e gatas desta novela, que fala da natureza libertaria dos felinos, pero tamén da importancia dos libros, porque só existe o que é contado con palabras."
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor