Saltar al contenido principal
Historia de Galicia

Historia de Galicia

López Carreira, Anselmo

A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento ...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2016
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-9121-124-2
Páginas:
336
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Xerais universitaria
26,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €
Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

Morgante

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

Otros libros del autor

A Obra Da Ponte Maior no Século Xv

A Obra Da Ponte Maior no Século Xv

López Carreira, Anselmo

Diputación Provincial de Ourense

26,00 €
O Reino Medieval de Galicia

O Reino Medieval de Galicia

López Carreira, Anselmo

Blukk

O Reino Medieval de Galicia de Anselmo López Carreira tense tornado unha obra de referencia para todas aquelas persoas interesadas nunha aproximació rigorosa á historia política da Galicia Medieval. Un traballo moi documentado que se sustenta nun achegame ...

24,69 €
Arte e Escritura Na Galicia Medieval

Arte e Escritura Na Galicia Medieval

López Carreira, Anselmo

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A cultura sueva quedou marxinada en Galicia polo protagonismo visigodo. Por que foi ignorada a monarquía medieval galega? O arco de ferradura é utilizado en Galicia desde a época romana. Un libro que fala dos tópicos historiográficos que determinan a interpretación da nosa cultura medieval. ...

14,90 €