Saltar al contenido principal
Heloísa

Heloísa

Chus Pato

Heloísa, entón, finxe ser tragada por referencias mitolóxicas, permite que os falsos augures e as alfaias certas do simbólico se acomoden baixo a súa lingua. E alí sitúa a voz. A esmeralda, logo. Con dificultade contén o riso polas cóxegas que lle fan, que aos poetas sempre lles produciron, os formularios da Tradición Unánime a cen pesos, igual que a primavera. Lentamente recor...

Editorial:
Urutau
Año de edición:
2020
ISBN:
978-85-7105-159-1
Encuadernación:
Otros
12,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Heloísa, entón, finxe ser tragada por referencias mitolóxicas, permite que os falsos augures e as alfaias certas do simbólico se acomoden baixo a súa lingua. E alí sitúa a voz. A esmeralda, logo. Con dificultade contén o riso polas cóxegas que lle fan, que aos poetas sempre lles produciron, os formularios da Tradición Unánime a cen pesos, igual que a primavera. Lentamente recorda e viste nomes bíblicos, actúa en escena emprestada co único fin de apuñalar ese deus cara de rato, tamén oculto en máscaras e cerimonia antiga. Sedúceo Heloísa; poema a poema quéimalles aos querubíns o traxe de aparecer. Desafía as ridículas cousas ergueitas do patriarcado cabalístico ou hiperbóreo, gaña o dereito a escoller o seu propio nome. Que non é, xa non, o nome do Pai. Que cando tira ao chan a carauta asasina do Heroe —o que baixara ao mesmo inferno para levar flores á súa Musa amordazada— María Xesús Pato nos avisa: venceuno coas súas armas, mais o verdadeiro Hades é ben outro.

Xabier Cordal

Artículos relacionados

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

Otros clientes también compraron

M-Talá

M-Talá

Pato, Chus

Denominada Edición do Vixésimo Aniversario, esta edición inclúese nun volume extra polo seu carácter de celebración e, sobre todo, polo significado singular que este poemario tivo tanto respecto da obra ata aquel momento publicada pola poeta coma pola forma en que foi recibido, recepción que outorgou a condición de feito extraordinario a esta obra.Trátase dunha nova edición, re...

17,00 €

Carne de Leviatan

Carne de Leviatan

Pato, Chus

Trátase dunha poética que, por ausentarse totalmente dos obxectos, da expresión e da significación, intenta dar conta dos corpos, do mundo, dun eu e do seu pensamento. Así e todo, a identidade esfarélase fronte á idea enorme do tempo: algo lingüístico que quita o alento... Pois o significado en ningún idioma, podería dicir a conmoción do corpo. Só a estrañeza articula a fala na...

16,80 €