Saltar al contenido principal
Grial 231 (Xullo, Agosto, Setembro 2021)

Grial 231 (Xullo, Agosto, Setembro 2021)

Autonomía entre Dous Séculos (1981-2021)

Varios

O Estatuto de Autonomía de Galicia cumpre corenta anos de vixencia. Catro décadas constitúen un treito da historia considerable, de maneira que podemos comezar a mirar para atrás con certa perspectiva, reflexionar sobre o que supuxo a autonomía de Galicia para a cidadanía e debater sobre as leccións que se poden tirar da experiencia adquirida cara ao presente e ao porvir do nos...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Materia:
Revistas
ISBN:
978-92-0-367376-1
13,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

O Estatuto de Autonomía de Galicia cumpre corenta anos de vixencia. Catro décadas constitúen un treito da historia considerable, de maneira que podemos comezar a mirar para atrás con certa perspectiva, reflexionar sobre o que supuxo a autonomía de Galicia para a cidadanía e debater sobre as leccións que se poden tirar da experiencia adquirida cara ao presente e ao porvir do noso país. Con tal motivo, desde Grial convidamos un monllo de persoas con distintos perfís biográficos e diversas sensibilidades a que depuxesen sobre o tema desde cadansúa perspectiva. O conxunto de contribucións recollidas cobren un abano amplo de temas, sen pretender esgotar a cuestión.

A politóloga Nieves Lagares analiza a autonomía como marco para a construción dun sistema político galego, a partir de tres premisas básicas: a transición como pacto entre faccións do franquismo e sectores demócratas, as resistencias do centralismo (non só de orixe franquista) e a debilidade do nacionalismo político galego. A profesora analiza a dinámica propia daquel espazo político, con dous eixos —un ideolóxico e outro identitario—, e explica como Alianza Popular-Partido Popular conseguiu a hexemonía política e electoral. Finalmente, considera as escasas posibilidades para unha reforma do Estatuto, que xulga necesaria, no marco dunha reconstrución da organización territorial do Estado.

Desde unha posición nacionalista, o xurista Xoán Antón Pérez-Lema remóntase aos antecedentes históricos da autonomía de Galicia, salientando o papel clave que xogou o galeguismo, especialmente durante o proceso estatutario desenvolvido durante a II República. Pola súa banda, o profesor Xosé Luís Barreiro Rivas, que no período fundacional do autogoberno foi un dos arquitectos do poder galego, argumenta sobre o Estado das autonomías desde unha posición frontalmente oposta ao esencialismo historicista, contrapoñendo a lexitimidade político-constitucional a unha impugnada lexitimidade histórica e identitaria. A autonomía galega, coma as autonomías das outras comunidades españolas, constituiría un feito político puro, baseado nun constitucionalismo democrático.

Desde as Ciencias Políticas, Roi Pérez analiza a fracasada tentativa de reforma do Estatuto de autonomía que se pretendeu levar a cabo durante o mandato do Goberno de coalición PSdeG/PSOE-BNG. Considera as distintas posicións dos partidos políticos involucrados e detense a considerar as razóns que moveron o Partido Popular a oporse a aquela tentativa. Finalmente, o economista e actual senador socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que foi voceiro do grupo parlamentario do PSdeG/PSOE na cámara galega e candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións de 2016, autor dun libro titulado Por que fracasou a reforma do Estatuto? (2012), fai balance dos resultados das catro décadas de autonomía nos dous aspectos que considera principais: a construción da comunidade e a construción do benestar, para rematar razoando sobre a necesidade e a posibilidade dun mellor autogoberno e dun novo Estatuto, no marco da reformulación da organización territorial do Estado, e, particularmente, do sistema de financiamento das comunidades autónomas.

Tras a lectura destes contributos xorde a pregunta de se o Estatuto de autonomía que serviu para iniciar o camiño do autogoberno de Galicia e transitar desde o século XX ao actual servirá tamén para afrontar os desafíos que o noso país terá que superar no futuro inmediato. O que, de certo, daría tema para outro monográfico de Grial.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Hechos Mínimos 0

10,00 €

La Potencia Afectiva

La Potencia Afectiva

Valdes, Alicia / Torres, Sara / Valls, Juan Evaris

16,95 €

La Maleta de Portbou 77. Julio-Agosto 2026

La Maleta de Portbou 77. Julio-Agosto 2026

Vv.aa.

El número 77 de La Maleta de Portbou presenta un dossiertitulado: "El consentimiento en las democracias delsiglo XXI" con textos de Gemma Calvet, Josep Cuní,Simona Levi, Meritxell Borràs, Victoria Camps, FrancescTorralba y Laia Tejada. Cuenta además con artículos deJúlia Nueno, Nidesh Lawtoo, Jean-Baptiste Fressoz yFrancesc Muñoz.DIRIGIDA POR JOSEP RAMONEDA. ...

10,00 €

Revista Mongolia 121 Mayo 2023

4,00 €

Otros libros del autor

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Varios

Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boaocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que seconserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dosfolletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan dalin...

18,00 €

Lfa Award 2025

Lfa Award 2025

Varios

Esta publicación conmemora la primera edición del «Concurso Internacional de Fotografía Luis Ferreira Alves», un certamen bienal que celebra el legado de este fotógrafo portugués, figura clave en la documentación visual de la arquitectura contemporánea. El libro reúne los proyectos premiados —seleccionados entre más de 1400 candidaturas de 99 países—, acompañados de textos crít...

30,00 €

El Libro de la Psicología

El Libro de la Psicología

Varios

¿Somos individuos autónomos, o nos dejamos llevar por el conformismo? ¿Qué nos hace recordar y por qué olvidamos? ¿Cómo medir la inteligencia? Preguntas como estas subyacen en la obra de los grandes teóricos e investigadores del fascinante mundo de la psicología. Con un lenguaje claro, El libro de la psicología ofrece concisas explicaciones que desbrozan la jerga académica, esq...

32,50 €

Chumba la Cachumba

Chumba la Cachumba

Varios

"Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba". Hora tras hora crece el alboroto en el cementerio hasta que el reloj vuelve a marcar la una y los esqueletos vuelan a la luna. Una divertida manera de aprender a leer la hora gracias a la fiesta visual que brindan las ocurrentes ilustraciones. ...

9,50 €

Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Varios

Ramón Otero Pedrayo, unha homenaxe xusta. Patricia Arias Chachero. Xesús Alonso Montero dicía que Ramón Otero Pedrayo era un autor "oceánico", e tiña razón. Cando faltan poucas semanas para que se conmemore o quincuaxésimo aniversario do seu pasamento, e hai meses que o Parlamento de Galicia declarou, por unanimidade, o 2026 como Ano Oteriano, continúan aparecendo documentos qu...

15,00 €

Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Varios

A aparición de Internet, a Rede de Redes (WWW), na segunda metade do pasado século, inaugura un novo tempo na economía, na produción cultural, nos fluxos de comunicación, nas relacións entre os pobos e entre as persoas, no ámbito particular (privado) e no político, no científico e na creación artística, no pensamento, no lecer, nas relacións comerciais, na educación, nos serviz...

15,00 €