FEMINISMOS

FEMINISMOS

CASTRO, OLGA / REIMÓNDEZ, MARÍA

25,95 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2013
Materia
Feminismo
ISBN:
978-84-9914-500-6
Páginas:
296
Encuadernación:
Rústica

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora.
Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo.
En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou África subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos».
Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».

Artículos relacionados

  • SEMPRE LIBRES E VIVAS
    UQUI PERMUI
    Sempre libres e vivas. En negro contra as violencias de xénero é un berro á sensibilización social que, neste libro, recolle o resultado dunha campaña transmedia que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede para concienciar a cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social. A...
    En stock

    26,00 €

  • HIJAS DEL MIEDO
    ASOCIACION MUJERES JUEZAS DE ESPAÑA
    Hijas del miedo es un libro escrito por juezas en el que se recopilan relatos reales de mujeres víctimas de violencia de género. Las protagonistas comparten cómo se sienten al enfrentarse a las agresiones y el temor de que la justicia no les crea ni actúe para protegerlas. A través de los relatos, las expertas denuncian la violencia contra las mujeres a nivel mundial y exi...
    En stock

    19,90 €

  • AS BENFALADAS
    PORTEIRO, MARIA XOSE
    Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas reflexiónase sobre esta circunstancia e propóñense alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa e civilizador que supón respectar e propiciar o acceso d...
    En stock

    23,40 €

  • LO QUE NOS HAN CONTADO SOBRE EL CLÍTORIS
    CHAPERON, SYLVIE / FILLOD, ODILE
    Desde la Antigüedad hasta nuestros días, múltiples denominaciones y descripciones erróneas del clítoris evi¡dencian un sesgo androcéntrico en la visión del cuerpo y de la sexualidad de las mujeres. El clítoris permanece envuelto en un misterio propicio a fantasías e ideas preconcebidas. Se ha afirmado que fue descubierto en el Re¡nacimiento y que su parte interna no ...
    En stock

    16,50 €

  • ESCRIBIENDO HISTORIA HOY
    OTERO CARVAJAL, LUIS ENRIQUE / PEREZ MARTINEZ, JOS
    La crítica y reflexión historiográfica, la Historia de las mujeres y la Historia cultural son claves para la Historia Contemporánea a los que la profesora Elena Hernández Sandoica ha prestado una especial atención durante su dilatada y brillante carrera. Las contribuciones incluidas en esta obra son un homenaje colectivo a esta historiadora excepcional y pionera en su cam...
    En breve

    24,00 €

  • FEMINISMO DE BARRIO
    KENDALL,MIKKI
    O movemento feminista actual ten un punto cego, que, paradoxalmente, son as mesmas mulleres que o compoñen. A maioría das feministas non adoitan falar da satisfacción das necesidades básicas como unha cuestión feminista, pero a inseguridade alimentaria, o acceso a unha educación de calidade, os barrios seguros, un salario digno e a atención médica son tamén cuestións ...
    En stock

    19,50 €