Saltar al contenido principal
Enser. O que Son As Cousas

Enser. O que Son As Cousas

Lorenzo, Marcos

ENSER é un libro breve e xeneroso, escrito con brillantez e cunha atención característica que atende tanto á rítmica do texto como á música da fala. Contén comedia, afecto examinado, contemplación, unha teoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos (ou de emenda), vagos manifestos, hipocondría, resentimentos ben mantidos, versos e...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-905-8
Páginas:
134
Encuadernación:
Rústica
16,35 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

ENSER é un libro breve e xeneroso, escrito con brillantez e cunha atención característica que atende tanto á rítmica do texto como á música da fala. Contén comedia, afecto examinado, contemplación, unha teoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos (ou de emenda), vagos manifestos, hipocondría, resentimentos ben mantidos, versos e magníficas observacións políticas. Hai nel un humor sobrio e un emprego coidadoso da temperatura emocional, e a súa amabilidade é compatible cunha dureza que, máis que un trazo argumental, é unha virtude estilística. Unha dureza que é claridade, ou ausencia de elementos superfluos (Pablo Seoane).

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
O Milagre Da Pera no Tempo.

O Milagre Da Pera no Tempo.

Díaz Estévez, Suso

Diputación Provincial de Ourense

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as a...

15,00 €

Otros libros del autor

Obras Públicas

Obras Públicas

Lorenzo, Marcos

Libros Lorref

Obras públicas é unha escolma de textos de Marcos Lorenzo publicados en diferentes revistas, blogues e folletos entre os anos 2006 e 2015. Unha sorte de apuntes ao natural sobre temas tan variados como a noción de liberdade, o fútbol, deus, a ciencia, o tabaco, a prensa ou a memoria, e sempre desde unha mirada antropolóxica non exenta de humor. Ao longo das súas páxinas desvéla...

14,90 €