Elmer. Libro e Boneco
Mckee, David
Unha edición especial en galego do clásico contemporáneo "Elmer", agora con boneco. Había unha vez unha manda de elefantes. Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados. Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor. Todos menos Elmer. Elmer era diferente. Elmer era de cores... Así comeza este clásico ...
Sinopsis
Unha edición especial en galego do clásico contemporáneo "Elmer", agora con boneco.
Había unha vez unha manda de elefantes. Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados. Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor. Todos menos Elmer. Elmer era diferente. Elmer era de cores...
Así comeza este clásico imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea, con máis de dez millóns de copias vendidas en todo o mundo. Un álbum que aborda con humor e con simpatía as dificultades para aceptarnos tal e como somos, e promove a tolerancia e o respecto á diversidade.
Esta edición especial en formato pequeno, con encadernación en cartoné e esquinas arredondadas, inclúe un colorido e entrañable boneco de peluche do protagonista; o compañeiro ideal para compartir aventuras e confidencias ou para acompañar os máis pequenos na hora do conto e no seu descanso cada noite.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroInformación de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Otros libros del autor