DE PROVINCIA A NACIÓN

DE PROVINCIA A NACIÓN

HISTORIA DO GALEGUISMO POLÍTICO

BERAMENDI, JUSTO

54,95 €
IVA incluido
4-8 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2021
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9121-828-9
Páginas:
1248
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Universitaria

De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións -a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral- e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo. As maiores novidades neste sentido son a reconstrución das estruturas das ideoloxías, a caracterización das bases sociais e a técnica aplicada para desvelar e cuantificar a fraude electoral na Segunda República. Ademais, en paralelo coa historia central, vai trazando a da cuestión nacional en España, o que permite ter en conta a incidencia de factores extragalegos e comparar o galeguismo político cos seus análogos doutros territorios do Estado español. Isto unido á consideración da natureza e dos problemas maiores da sociedade galega de cada época, dá as claves para unha explicación convincente das causas do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego. Xa que logo, este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada.

Artículos relacionados

  • A INDUSTRIA ONTE E HOXE
    XOÁN CARMONA BADÍA / EDELMIRO LÓPEZ IGLESIAS
    Xoán Carmona e Edelmiro López Iglesias conseguen, grazas á súa análise feita non só con rigor, senón cun novo foco iluminador, botar por terra algúns elementos que mesmo funcionan como un axioma social no ideario colectivo. Á contra do que se di, Galiza é unha economía industrial. Éo desde que existiu industria - onte - e hoxe con maior peso, en Valor Engadido Bruto...
    En stock

    15,60 €

  • AS TOLAS QUE NON O ERAN: MULLERESA NO MANICOMIO DE CONXO
    V.VALIÑA, CARMEN
    Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan. As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas...
    En stock

    16,90 €

  • PASEO ILUSTRADO POR SANTIAGO DE COMPOSTELA
    BAQUEIRO CANABAL, JOSE
    En una cuidada edición en tres idiomas gallego, castellano e inglés y a través de 50 acuarelas, José Baqueiro ilustra un paseo inolvidable por una de las ciudades europeas más admiradas y visitadas, Santiago de Compostela. El autor nos invita a disfrutar con calma de los encantos, la belleza y la historia del paisaje medieval de esta capital de Galicia en la que nació y q...
    En stock

    19,90 €

  • O PEQUENO É POSSÍVEL
    BASTOS, MIGUEL ANXO
    A sabedoria convencional sobre a dimensâo das unidades políticas parece ser clara no sentido de uma maior dimensâo oferecer uma série de vantagens, quer em termos de eficiência, quer de peso político. e raramente é discutida, uma vez que é considerada um lugar comum.Este livro procura desafiar o mito da bondade da maior escala aplicada aos Estados. Muitos problemas pol...
    4-8 días
  • APUNTES DE MIS PASEOS POR LUGO
    VALADÉ DEL RÍO, EMILIO
    En stock

    15,00 €

  • CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO
    REI ROMEU, MANUEL
    En stock

    17,00 €