Saltar al contenido principal
De Catro a Catro. Manuscrito Inédito

De Catro a Catro. Manuscrito Inédito

2ª Edición

Pérez Sánchez, Manuel Antonio

Presentamos a segunda edición de De catro a catro. Manuscrito orixinal, de Manuel Antonio, un volume ao coidado de Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016. Esa edición primeira chegou a ser cualificada pola crítica como 'Un dos achados documentais m...

Editorial:
Alvarellos Editora
Año de edición:
2021
ISBN:
978-84-16460-99-1
Páginas:
170
Encuadernación:
Cartoné
22,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Presentamos a segunda edición de De catro a catro. Manuscrito orixinal, de Manuel Antonio, un volume ao coidado de Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016.
Esa edición primeira chegou a ser cualificada pola crítica como 'Un dos achados documentais máis sorprendentes deste século' (Armando Requeixo, Faro de Vigo), 'Unha auténtica alfaia' (Ramón Nicolás, Caderno da Crítica) ou 'estremecedora edición facsimilar' (Ramón Rozas, Diario de Pontevedra). Así mesmo, foi finalista en 2017 nos Premios da Crítica de Galicia (na categoría de Creación) e na Gala do Libro Galego (na categoría de Mellor Iniciativa Bibliográfica). A edición respecta fielmente o formato orixinal: un caderno contable en capa dura. O deseño da capa é a reproducción exacta do caderno orixinal, protexida nesta edición facsimilar por unha sobrecuberta. O volume inclúe a transcrición do texto coa identificación das súas variantes, a cargo de Anxo Tarrío, e a reprodución de varias imaxes e ilustracións.
De catro a catro é un dos libros máis relevantes de todos os tempos. Está considerado ademais coma unha das cimas universais da poesía vangardista.

Artículos relacionados

Sempre Lela

Sempre Lela

Piñeiro, Esther

Os poemas deste novo libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desencantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas sobre a Nosa Terra, a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...

12,00 €

Berros de Silencio

Berros de Silencio

Torres Piñeiro,José

BERROS DO SILENCIO insírese nesta traxectoria como unha obra especialmente significativa: un libro onde o poeta rompe definitivamente coa autocensura, transforma o silencio en berro e fai da poesía un acto de resistencia emocional. Cada poema é unha confesión, pero tamén unha chamada á conciencia, unha maneira de existir fronte ao esquecemento. ...

12,00 €

Con Pólvora y Magnolias

Con Pólvora y Magnolias

Méndez Ferrín, Xosé Luís / Mendez Ferrin, Xose Luis

A aparición, en novembro de 1976, de Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín, supuxo toda unha revolución cultural. Esta obra marcaría un novo tempo para a poesía galega. Pola calidade e novidade do seu verso, mais tamén polo seu singular formato e deseño. Unha coidada edición facsimilar de Alvarellos Editora rescata agora esta obra emblemática, cando se cumpren...

22,90 €

Estrañamento e Abraio

Estrañamento e Abraio

Villamor, Javier Saavedra

Comencei a escribir este poemario cun pé en Cee e outro en Compostela, o que eu adoitaba chamar ?Santiago dC?.Naquel momento, a mina intención era falar da crueldade, aniquilación, do abuso e da dependencia emocional que se vive nunha relación deshumanizada.Iso é ?estrañamento?, a mutación repentina dunha realidade cotiá que se volta irrecoñecible. Non é a crónica dunha histori...

12,00 €

Noiticidio

Noiticidio

Fernández Araújo,Mª Rosa

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario ...

12,00 €

Cunetas

Cunetas

Pimentel, Luis

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros d...

14,50 €