Saltar al contenido principal
Criptografías

Criptografías

Cáccamo, Pepe / Ramos, Baldo

Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poét...

Editorial:
Alvarellos Editora
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-18567-33-9
Páginas:
70
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Libros do Sarela
17,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética.
Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despois librosconversos -que reunía versos de 40 poetas- e elaborando o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual.
Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa con textos poéticos que foron escritos coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta.

Artículos relacionados

Cunetas

Cunetas

Pimentel, Luis

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros d...

14,50 €

Noiticidio

Noiticidio

Fernández Araújo,Mª Rosa

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario ...

12,00 €

37

37

Salvaxe, Alicia / Savaxe, Alicia

37 es una cartografía emocional compuesta por treinta y siete piezas que oscilan entre el micropoema, la prosa poética y la canción, dando forma a una experiencia híbrida donde el lenguaje se estira, se quiebra y respira.A través de una estructura fragmentaria —marcada por pulsos como «Todo fluye», «Adicia», «Catástrofe» o «No ser», Alicia Savaxe construye un trayecto íntimo qu...

18,00 €

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Alonso Montero, Xesus / Edicion Ramon Nicolas

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos "e outros letraferidos", entendan unha das estratexias das que se servía o fran...

15,00 €

A Distancia Do Século

A Distancia Do Século

Ánxel Huete

Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...

17,50 €

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Reixa, Anton

O poema «Cicatriz» do artista multimedia Antón Reixa (Vigo, 1957) serve de base literaria ao espectáculo de danza homónimo con dirección de Kirenia M. Acosta. En 2024, Kirenia propúxolle a Reixar utilizar o seu poema «Cicatriz», para un espectáculo de dan ...

18,00 €